18/04/2025
Un obradoiro infantil construirá un maio artístico
Sábado, 26 de abril, en horario de 16:00 a 19:00 h., no Museo da Gaita de Fole (Barbadás)

- O Museo da Gaita de Fole acollerá un obradoiro para construír un maio artístico.
A actividade organizada pola Concellería de Turismo, terá lugar o vindeiro sábado, 26 de abril, en horario de 16:00 a 19:00 h.
Está dirixida a público infantil de 5 a 12 anos, que participará na construción dun maio artístico, cunha dobre finalidade:
- Por unha banda, o traballo de creatividade e manualidade con elementos naturais;
- e por outro lado, aprender sobre a tradición dos MAIOS, ben arraigada en Galicia e especialmente en Ourense, que, con estas figuras dá a benvida á primavera .
A inscrición previa poderase realizar enviando un correo ao enderezo electrónico museodagaita@barbadas.gal ou no teléfono 988360413.
