16/03/2026
V EDICIÓN DO BARBADÁS GAMING. Evento de e-sports na Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade de Barbadás converterase de novo no epicentro dos deportes electrónicos os días 31 de marzo e 1 de abril de 2026 coa chegada da quinta edición do “Barbadás Gaming” durante a Semana Santa. Este evento gratuíto ofrecerá aos asistentes a oportunidade de competir e gozar das últimas innovacións tecnolóxicas:
- Zonas de xogos con consolas PS5
- Experiencias de realidade virtual
- Simuladores de condución de alto rendemento
O evento desenvolverase de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas, o que permitirá tanto aos xogadores como ao público en xeral participar nun evento deseñado para a diversión e a camaradería entre a xente nova.
