09/10/2026
VÉN CELEBRAR O SAMAÍN AO MUSEO DA GAITA DE FOLE DE BARBADÁS!
O 31 de outubro no Museo da Gaita de Fole

O vindeiro 31 de outubro, agardámoste para gozar dunha tarde chea de creatividade, música e diversión en familia!
PROGRAMA
- OBRADOIRO DE CABAZAS | De 16:30 a 18:30 h
Pon a traballar a imaxinación e crea a túa propia cabaza de Samaín.
- CONCERTO DE SAMAÍN con Brais das Hortas | Ás 19:00 h
Música, humor e moita participación para celebrar esta tradición dun xeito divertido e para todos os públicos.
Lugar: Museo da Gaita de Fole (Barbadás).
Inscricións e información: 988 360 413 – museodagaita@barbadas.gal
Prepara o teu disfrace, trae as ganas de pasalo ben e ven compartir connosco unha tarde terrorificamente divertida!
Barbadás celebra o Samaín contigo!