23/03/2020

Viaqua amplía en 30 días o período voluntario de pago

Viaqua

VIAQUA INFORMA QUE DENDE O 17 DE MARZO OS TRABALLADORES DESTA EMPRESA NON SE DESPRAZARÁN PARA OBTER A LECTURA DOS CONTADORES

  • Con motivo da emerxencia sanitaria e para protexer aos/ás traballadores/as de Viaqua a lectura de contadores realizarase en base a unha estimación do consumo.
  • Os consumos así estimados e unha vez obtida a lectura real, NORMALIZARANSE POR EXCESO OU POR DEFECTO NAS FACTURACIÓNS DOS SEGUINTES PERÍODOS A TENOR DA LECTURA PRACTICADA EN CADA UN DELES.
  • Viaqua informa que os/as clientes serán debidamente informados/as a través das facturas e tamén a través dos diferentes canles de atención que pon á súa disposición a empresa.
  • Co obxecto de facilitar o pago de facturas, AMPLIARASE UNHA MORA DE 30 DÍAS NO PERÍODO VOLUNTARIO.
  • A empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento en Barbadás indica que “durante o período de vixencia do estado de alarma NON SE REALIZARÁN INTERRUPCIÓNS DO SUBMINISTRO POR IMPAGOS EN NINGÚN CASO.

2020-S-340_Barbadas

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1729006767

SINGLE.1729006767