03/04/2020

Viaqua comunica medidas económicas ante o COVID-19

VIAQUA COMUNICA UNHA SERIE DE MEDIDAS PARA AFRONTAR AS CONSECUENCIAS ECONÓMICAS SOBRE OS/AS CLIENTES ANTE O COVID-19

  • A empresa Viaqua informa de unha serie de medidas dirixidas a autónomos, propietarios/as de pequenas e medianas empresas, comerciantes, restauradores, persoas en situación de desemprego sobrevido, empresarios/as, hosteleiros/as, etc.

 

  • A empresa adxudicataria do servizo de saneamento e abastecemento en Barbadás comunica á cidadanía unha serie de medidas, entre as que figuran o “Plan 12 gotas”, o aprazamento ou financiamento de facturas, a posibilidade de elixir a data do mes na que prefire o/a usuario para a domiciliación bancaria e seguen vixentes as bonificacións para colectivos vulnerables.

 

  • Medidas adoptadas por Viaqua ante a situación de emerxencia sanitaria do COVID-19:

 

  • —–Financiamento ou aprazamento de facturas, sen intereses, a todos os colectivos que ante esta situación excepcional presenten dificultades no pago das súas facturas.
  • —-Plan de cuota fixa, “Plan 12 Gotas”, que pode solicitar calquer cliente e que permite pagar todos os meses ao mesmo importe en base ao consumo do anto anterior, regularizando ao final do ano a situación. No caso de que o importe sexa superior ou inferior ao consumido, devólvese a cantidade ou financiase a pagar nos seguintes meses respectivamente.
  • —–A empresa que presta o servizo en Barbadás ofrece tamén a posibilidade de elixir a data do mes que prefire para a domiciliación bancaria.

 

  • Por outra banda, seguen vixentes as bonificacións para colectivos vulnerables aprobadas de acordo co Concello de Barbadás segundo o Convenio de facturas sen papel.

 

  • Puxéronse en marcha tamén medidas compelementarias como a suspensión dos cortes do subministro a persoas en situación de vulnerabilidade económica. Dende que se produciu a emerxencia sanitaria Viaqua ampliou esta medida aos/ás clientes, paralizando calquera acción de reclamación de débeda ou cortes de subministro.

 

  • Viaqua aclara que con este tipo de medidas “garántese que un ben básico como é a auga chegue a todos os fogares en un momento no que ademais a hixiene converteuse nunha acción indispensable para previr o contaxio do COVID-19”.

 

  • Outra das medidas complementarias consiste na duplicación do pago de facturas, polo que o/a cliente dispón de 2 meses para realizar o pago a partir do momento no que habitualmente lle chega o recibo da auga.

 

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1733809115

SINGLE.1733809115