27/08/2024
VII Edición do Concurso de Pinchos “BARBADÁS A BOCADOS”
Os días 13 e 14 de setembro de 2024
Presentamos unha nova edición do Concurso de Petiscos “Barbadás a bocados”, organizada pola Concellería de Comercio.
Unha experiencia gastronómica que se celebrará os días 13 e 14 de setembro, onde Barbadás encherase de sabor e creatividade co VII Concurso de Petiscos “Barbadás a Bocados”. Este evento contará coa participación de 14 establecementos hostaleiros, que nos deleitarán coas súas mellores creacións culinarias.
Durante estes dous días, teremos a oportunidade de degustar unha variedade de petiscos elaborados polas cociñas destes locais.
Ademais da degustación, levará a cabo un concurso no que un xurado valorará a calidade, presentación e orixinalidade de cada petisco. Pero iso non é todo: ti tamén poderás ser parte da decisión! Haberá unha votación popular para que os asistentes elixan o seu petisco favorito.
Non te perdas esta oportunidade de saborear o mellor da gastronomía de Barbadás, gozar de momentos de encontro con amigos e veciños, á vez que apoiamos aos nosos establecementos de hostalería.
Esperámosche para gozar xuntos dun festín de sabores!
ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS PARTICIPANTES
- BAR O REGUEIRO
Travesía principal de Piñor nº 69
Nome do Pincho: SALVAJE
Ingredientes: tomate, cebola, pemento, allo, cenoria, aceite de oliva, arroz, sal, pementa negra, pementón e xabarín.
Método de Elaboración:
Contén sustancias alérxenas?: Pementa negra
Apto para celíacos?: SI
Prezo pincho: 2,50 €
- PIZZERÍA ESTILO
Avenida de Celanova 15 baixo.
Nome do Pincho: PINCHO EMILIANO
Ingredientes: pan, mozarella, mortadela, pistachos
Método de elaboración:
Contén sustancias alérxenas?: SI (glute, lactosa, froitos secos)
Apto para celíacos?: NON
Prezo pincho: 2,50 €
- A COVA DO SAVIO
Avenida de Celanova número 20 baixo.
Nome do Pincho: NUESTROS ORÍGENES
Ingredientes: Filloa, champiñóns, xamón york, crema de queixo, crocante
Método de elaboración:
Contén sustancias alérxenas?: SI (lactosa, glute)
É apto para celíacos?: Opcional: Versión con glute e versión sen glute
Prezo pincho: 2,50 €
- NOVO ANGAZO
Avenida de Celanova número 114.
Nome do Pincho: TACO BURGUER
Ingredientes: Filloa de trigo, carne picada, queixo cheddar, guacamole, tomate e cebola.
Método de elaboración: Carne picada sobre filloa de trigo á prancha con queixo fundido e encima guacamole, tomate e cebola
Contén sustancias alérxenas?: SI (lactosa e glute)
É apto para celíacos?: NON
Prezo pincho: 2,50 €
- O CHICOTE
Avenida de Celanova número 60.
Nome do Pincho: PAELLA
Ingredientes: arroz, marisco, polo, pemento, cebola.
Método de elaboración: Caseiro
Contén sustancias alérxenas?: SI ( marisco, polo, verduras)
É apto para celíacos?: SI
Prezo do pincho: 2,50 €
- TAPERÍA TARONA
Avenida de Celanova número 56 baixo
Nome do Pincho: TORPEDO LANGOSTINO
Ingredientes: Lagostino, rebozado crocante, crema de limón
Método de elaboración: Freidora
Contén sustancias alérxenas?: SI ( glute, lactosa, ovo)
É apto para celíacos?: NON
Prezo do pincho: 2,50 €
- A LO MARACUCHO
Rúa Cotelma 3
Nome do Pincho: PINCHO MARACUCHO
Ingredientes: Plátano macho, carne picada, tomate, cebola, cilantro
Método de elaboración: Artesanal
Contén sustancias alérxenas:
É apto para celíacos?: NON
Prezo do pincho: 2,50 €
- CACHO PIZZA
Avenida de Celanova número 41 baixo.
Nome do Pincho: FRUTTI DI MARE
Ingredientes: crema iogur, mozzarella Fior di Latte, zamburiñas, gambas e mexillóns
Método de Elaboración: elaboración da masa de forma artesanal (masa lenta) con produtos do mar de primeira calidade
Contén sustancias alérxenas?: SI (glute, lactosa)
É apto para celíacos: NON
Prezo pincho: 2,50 €
- ALENTO VILLAVIDAL
Avenida de Celanova número 76.
Nome do Pincho: COOKIE FRAMBUESA
Ingredientes: fariña, auga, manteiga, galletas, coco, chocolate, framboesas, fresas, marmelada de framboesa
Método de Elaboración: Montaxe de biscoito de pistacho con mousse de cava e marmelada de framboesa decorada con froitas naturais
Contén sustancias alérxenas?: SI (glute,froitos )
É apto para celíacos?: NON
Prezo pincho: 2,50 €
- WAKANDA
Rúa Cotelma número 1 baixo
Nome do Pincho: GEMA DEL INFINITO
Ingredientes: pan transparente, polo mechado a la matriarcada
Método de Elaboración: cócese o pan, faise o polo coa salsa e emprátase
Contén sustancias alérxenas:
É apto para celíacos?: SI
Prezo do pincho: 2,50 €
- OREN EXPRESS
Avenida de Celanova nº 68
Nome do Pincho: BURGUER PULL ROLL
Ingredientes: Puled pork en pan de burguer multicolor, col morada con mayonesa, kimchi, cebolla crocante.
Contén sustancias alérxenas: glute, ameixas
Método de Elaboración: cabeza de lomo moi especiada e cociñada dúas horas a lume lento
É apto para celíacos?: NON
Prezo pincho: 2,50 €
- CLARET´S FOOD
Avenida de Celanova número 45
Nome do Pincho: ENCANTO CARIBEÑO
Ingredientes: carne mechada, arroz branco, plátano macho, feixóns negros, queixo
Método de Elaboración: arroz cocido, feixóns cocidos, carne en salsa, plátano frito, queixo relado
Contén sustancias alérxenas?: (lactosa)
É apto para celíacos?: SI
Prezo pincho: 2,50 €
- BAR A NOVA FAROLA
Enderezo: Rúa Areal número 3
Nome do Pincho: A RICHADIÑA DO CRIS
Ingredientes: tenreira, cebola e pataca
Método de elaboración:
Contén sustancias alérxenas?:
É apto para celíacos?: SI
Prezo do pincho: 2,50 €
- TAPERÍA ALECRIN
Enderezo: Avenida de Celanova nº 52
Nome do Pincho: ALECRIN
Ingredientes: pan, cogomelos, solombo de porco, queixo de Arzúa
Método de Elaboración: tosta de pan, cogomelos á prancha, solombo á prancha e queixo de Arzúa derretido por riba
Contén sustancias alérxenas?:
É apto para celíacos: NON
Prezo do pincho: 2,50 €