21/07/2025
VIII Barbadás a bocados – Aberta a inscrición para establecementos hostaleiros
Prazo de solicitudes do 21 de xullo ata o 31 de xullo de 2025

Un ano máis a Concellería de Comercio, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, organiza o Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados”, que este ano celebrará a súa VIII edición durante os días venres 12 e sábado 13 de setembro de 2025.
Os negocios de hostalería interesados en participar, deberán presentar as súas solicitudes dende o 21 de xullo ata o 31 de xullo de 2025 ambos incluídos.
A ficha de inscrición, cuxo modelo achégase a esta publicación, poderán presentarse por calquera dos seguintes medios:
- nos rexistros da Casa Concello (Rúa Cimadevila, 1. Barbadás) ou Oficinas Municipais de A Valenzá ( Rúa do Viso número 2, baixo)
- ou por sede electrónica https://barbadas.sedelectronica.gal
Se o establecemento desexa contar con cartelería persoalizada poderá enviar unha foto do seu petisco ao enderezo electrónico cet@barbadas.es, co 8 de agosto, como data límite.
PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO EVENTO:
O VIII Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados” e os establecementos participantes, serán publicitados:
- nas diferentes redes sociais do Concello de Barbadás,
- en folletos impresos que se repartirán nos distintos establecementos,
- prensa,
- páxina web do Concello de Barbadás
- e outros medios de difusión que se consideren acaídos.
MATERIAL PROMOCIONAL – A organización entregará a cada establecemento cartelería,
folletos, furnas e cupóns de votación para o público.
Durante o desenvolvemento do concurso, os establecementos inscritos disporán dun elemento identificador que sexa visible a modo de distintivo, como participante no concurso.
Dende a Concellería de Comercio, invítase, a todos os establecementos hostaleiros do Concello de Barbadás, a participar no VIII Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados”, un evento que contribúe á promoción e divulgación da hostalería e mesmo do tecido comercial asentado no noso municipio.
| Data | Adxuntos |
|---|---|
| 21/07/2025 | Bases reguladoras do VIII Concurso Barbadás a Bocados 2025 PDF [173 KB] |
| 21/07/2025 | Ficha de inscrición VIII Concurso Barbadás a Bocados 2025 PDF [116 KB] |