16/01/2023

Alejandro e Daniela innovan na Valenzá: deseñan, imprimen e colocan vinilos para tunealo… todo

Emprendemento en Barbadás

Alejandro Rial e Daniela Limia, emprendedores con "Betsycrew" 14 xaneiro 2023. A Valenzá

Alejandro pasou anos en traballos verticais e Daniela nun supermercado até que en xaneiro de 2021 un dos dous plantexouse un “cambio total”.

A súa afección común é a dos coches, e comezaron a idear xeitos de melloralos con vinilos persoalizados, a base de rotulacións deseñadas ó gusto de automobilistas.

  • Os dous medraron en familias con moita afección polos coches. Alejandro criouse en Pazos (San Cibrán das Viña) e con parte da familia de Soutullo (Barbadás) e Daniela é da Valenzá.
    Teníamos en mente el tuneado con diseños personalizados y era nuesto  hobby común; yo trabajé en Valencia y allí está extentido: en Galicia vimos que ya había empresas de vinilos rotulados que tunean furgones pero nadie se paraba a personalizar para automovilistas particulares”, explica Alejandro.

 

  • E decidíronse… hai dúas semanas abriron local cara o público en dous baixos na rúa principal da Valenzá. Un deles como espazo de atención aos clientes e taller de deseño, corte e impresión. O outro para a colocación de vinilos nos coches.

 

  • O deseño gráfico é o punto forte de Daniela, que vivíu en Suiza até os 14 anos e alí estudou deseño como materia escolar, no que seguiu formándose despois. “Cuando decidimos intentar hacer lo que más nos gusta nos encontramos con el apoyo de nuestras familias y amigos”.
Alejandro Rial e Daniela Limia, emprendedores con "Betsycrew", a punto de rematar parte dun traballo no seu baixo de taller foto Rosa Veiga
Alejandro Rial e Daniela Limia, emprendedores con “Betsycrew”, na Valenzá, co seu “kit” de eventos. foto Rosa Veiga

Decoración para coches

  • Na elección do nome tamén participaron os dous: Alejandro puso “crew” inspirado polo videoxogo do mundo do motor que xa leva varias versións , e Daniela “Betsy” . O seu establecemento chámase Betsycrew  e nel calquera persoa pode levar ou crear un deseño para personalizar gorras, prendas de roupa, tazas, tarxetas de empresa, cheques-regalo, escaparates, tapas de llantas …

 

  • Traballan con materiais de diversas cores e texturas e sobre eles rotulan debuxos creados ou fotografías. Entre os proveedores está Hexis  que tamén lles deu formación específica neste eido.

 

  • Tamén propoñen a aplicación de vinilos para decorar fachadas e a máis completa e novidosa : tunear un coche totalmente con todo tipo de materiais, cores e textura, segundo detalla Alejandro, como os que fan, efecto espello (cromo) que pode ter un custo de 3.000 € con colocación incluída.
    “Estos vinilos tienen algunos colores imposibles de conseguir en chapista, como el color camaleón que cambia con la luz solar, y se puede cubrir el coche con él sin más, o con un diseño impreso encima”, engade .
Alejandro Rial e Daniela Limia, emprendedores con "Betsycrew" 14 xaneiro 2023. A Valenzá foto Rosa Veiga
Alejandro Rial e Daniela Limia, emprendedores con “Betsycrew” 14 xaneiro 2023. A Valenzá foto Rosa Veiga

Tamén “protección invisible”

  • Nun turismo, o traballo de Alejandro e Daniela permite tamén tunear con deseños ou fotos as tapas das llantas por 5 € cada unha, como xa fixeron para unha barbería da Valenzá e con custos diferentes até o tuneado completo.

 

  • Poden colocar vinilos transparentes de especial resistencia que son “protección invisible” contra raiaduras e rabuñazos cubrindo as defensas e o capó. Outros materiais permiten tintar os cristais e os faros ou cambiar totalmente a cor do coche cun material adhesivo que pode retirarse cando se queira.

 

  • Entre as petición de posibles deseños, detectan demanda de logos, números e “pegatinas” de modelos históricos de coches e motos, como a Montesa, para os que contan co material preciso.

 

  • A súa afección polo mundo do motor fíxolles pensar que podería ser interesante contar cun “kit de eventos” que consta de ordenador portátil e impresora especializada que poden sacar do taller e instalar en calquera convocatoria automobilística para deseñar, imprimir e colocar os vinilos no momento.

 

  • Entre os encargos que xa fixeron está o gran vinilo que cubre unha das paredes da sala infantil do Hospital Provincial, impresa con unha escea de dinosaurios e natureza en cores variadas.

 

  • E agora Daniela comeza xa a idear traballos en luces de neón… xa teñen proxectos.

 

  • Podes atopalos en Facebook e Instagram.
  • Alejandro Rial e Daniela Limia, emprendedores con "Betsycrew", a punto de rematar parte dun traballo no seu baixo de taller foto Rosa VeigaAlejandro Rial e Daniela Limia, emprendedores con “Betsycrew”, a punto de rematar parte dun traballo no seu baixo de taller foto Rosa Veiga

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1713528082

SINGLE.1713528082