22/08/2024

Visita ás escavacións do Castro de Trelle

Visita ao Castro Trelle

Hoxe, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, xunto á concelleira de Cultura, Ana Belén Peleteiro, e o concelleiro de Disciplina Medio Ambiental, Daniel Rey, realizaron unha visita ás escavacións do Castro de Trelle. Esta actividade levouse a cabo en compañía de representantes das Mancomunidades de Montes de Moreiras-Trelle e Loiro-Bentraces-Sobrado do Bispo, así como da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén e a Asociación Cultural Porta da Cadea de Barbadás.

Durante a visita, os arqueólogos a cargo do proxecto, compartiron cos asistentes os avances e achados realizados ata a data. Este traballo non só contribúe á preservación do noso patrimonio histórico, senón que tamén enriquece a nosa comprensión da cultura e a historia da rexión.

Agradecemos a todos os presentes o seu interese e compromiso coa conservación do noso patrimonio. Seguiremos informando sobre os progresos desta importante escavación e os descubrimentos que se realicen no futuro.

Estean atentos ás nosas redes é ás asociacións vinculadas neste proxecto,  onde se publicarán  as novidades que se vaian producindo!

Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás Visita ao Castro de Trelle - Concello de Barbadás

Cultura, Novas

CONTENT.1728861178

SINGLE.1728861178