07/12/2022

Visita teatralizada no Museo da Gaita

Dentro das actividades de Nadal do Concello de Barbadás, terá lugar no Museo da Gaita, unha visita teatralizada onde se poderán percorrer as instalacións do Museo e coñecer o contido do mesmo.

Ao rematar a visita haberá un concerto da Banda de Gaitas

Data: mércores 28 de decembro

Hora: 19:30 h

Entrada: donativo de 1kg de alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos

Para inscribirse hai que chamar por teléfono ao 988 360 413

Prazo de inscrición: Ata o  26 de decembro

Prazas limitadas

 

Eventos, Turismo

CONTENT.1674925096

SINGLE.1674925096