01/06/2021

Visitas teatralizadas e actuacións musicais no Museo da Gaita

A Concellería de Turismo, organiza nas instalacións do Museo da Gaita un conxunto de visitas teatralizadas e actuacións musicais.

As visitas terán lugar os días:

Venres 25 de xuño  ás 20.00 horas

Venres 30 de xullo ás 20.00 horas

Venres 27 de agosto ás 20.00 horas

Venres 24 de setembro ás 20.00 horas

Ao rematar cada unha destas visitas ofrecerase un concerto no patio do Museo da Gaita.

Debido as restriccións por motivos sanitarios, as actividades teñen AFORO LIMITADO, polo que é preciso facer inscrición para poder acudir.

As inscricións faranse chamando ao teléfono 988 360 413 (Cet Barbadás).

Eventos, Turismo

CONTENT.1623964077

SINGLE.1623964077