15/06/2021
Visitas teatralizadas no Museo da Gaita de Fole durante os meses de xuño a setembro
Ao final das visitas NOVA FRONTEIRA ofrecerá un concerto
O MUSEO DA GAITA OFRECERÁ VISITAS TEATRALIZADAS PARA PERCORRER A HISTORIA DO INSTRUMENTO
A través da posta en escena os/as visitantes coñecerán de preto o significado da gaita na cultura e na sociedade galegas
Ao remate das visitas Nova Fronteira ofrecerá un concerto no patio do Museo da Gaita de Fole
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que con este tipo de visitas o que se pretende é “pór en valor non só a Gaita de Fole senón tamén o propio edificio.
- Con este tipo de actividades “preténdese realzar o valor da música tradicional, que ademais ten unha raiame importante no noso concello e tamén dotar ao espazo no que nos atopamos de contido atractivo para os/as visitantes que queiran coñecer a temática actual e permanente do centro que xira entorno a Gaita de Fole”, explica Valcárcel.
- Valcárcel indicou que este proxecto “segue a senda de outros iniciados hai dous anos cando se fixeron con gran éxito visitas teatralizadas que foron seguidas dun concerto da banda de gaitas “Nova Fronteira” no patio do Museo”.
- Estas actividades estarán abertas aos/ás visitantes que queiran achegar a coñecer este museo e as visitas serán gratuítas e en aforos reducidos para prever riscos sanitarios.
- Ramón Selas , concelleiro de Turismo, lembra que “se hai un son e un instrumento característico en Galicia, ese é o da gaita e se hai un lugar en Galicia único referente mundial para o seu coñecemento, ese é o Museo da Gaita do Concello de Barbadás”.
- O Museo da Gaita de Fole é único en Galicia de estas características. Ofrece unha exposición que percorre a historia de este instrumento con todos os seus usos, tanto en ambientes cultos, aristocrático, xa que a tocaba a realeza de todas as nación europeas, comenta Selas.
- Na exposición, ademais de paneis informativos, os/as visitantes poden acceder ao material sonoro, que escoitan con auriculares, para poder apreciar como soaba a gaita en todas as etapas históricas, dende a idade media ao Barroco o Renacemento e ata a época contemporánea, destaca o edil de Turismo.
- A Concellería de Turismo ofrecerá todos os venres finais de mes de xuño, xullo, agosto e setembro unhas visitas guiadas e teatralizadas.
- Selas destacou que “do que se trata con esta iniciativa é ofrecer de unha forma distinta e divertida acercar a historia e a tradición da Gaita de Fole aos participantes a través de personaxes, de tal forma que, resulte unha amena experiencia”.
- Estas visistas teatralizadas están pensadas para recibir ao público de todas as idades interesadas en coñecer a historia do instrumento máis característico de toda Galicia.
- Ao finalizar as visitas, tal e como se fixo en edicións anteriores, haberá concertos no patio do propio Museo a cargo de Nova Fronteira.
- Debido as restricións sanitarias, o aforo estará limitado, e as reservas efectuaranse no teléfono do CET (Centro Empresarial Transfronteirizo): 988360413.
- O actor José Nóvoa, que será o encargado de protagonizar esas visitas teatralizadas, e no seu turno de palabra, agradece en nome da Asociación Platea Lúa ao contar con eles para este tipo de actividades, xa que pon en valor neste caso o Museo da Gaita e a gaita en si.
- José Nóvoa contanos que para estas visitas elaborouse un diálogo ameno entre personaxes percorrendo as instalacións, dende a fabricación das propias gaitas pasando por todas as épocas nas que houbo este instrumento.
- O Museo da Gaita de Fole de Barbadás foi construido e subvencionado por fondos Europeos no período comunitario do ano 2000 ao 2007. E durante un período longo de tempo ata o ano 2017 foi cedida a súa xestión a Diputación Provincial de Ourense, e nese ano recuperouse a xestión por parte do Concello de Barbadás, despois de facer un traballo de dous anos para poder recuperar a xestión.
- A partir de esa data o Concello de Barbadás destinou o edificio como lugar para dar a coñecer o que é a Gaita de Fole, ( un elemento tradicional da nosa cultura), que ademáis de ser propio de Galicia e tamén doutras rexións Europeas.