07/12/2020

Volven no Nadal os deseños multiuso de “You are by Eva París”

Emprendemento en Barbadás

Eva Muñoz no seu taller
  • Eva Muñoz tivo que aparcar a súa actividade artesanal durante una par de anos, e agora os seus complementos e prendas de roupa, sempre versátiles, volven neste Nadal nos seus espazos virtuais, porque nas feiras aínda non é posible.

 

  • O seu estudo de Piñor e as redes sociais están cheos de rosas de coiro e serraxe, porque esa flor é “sencilla y elegante” a un tempo, igual que a cala. “Para los complementos trabajo mucho con las manos y con cuero que me da muy buen resultado para hacer rosas;  con la cala sigo intentándolo, pero aún no conseguí lo que quiero sin usar maquinaria”, relata.

 

  • Os complementos que levan rosas teñen nomes dobres ou triplos, polos múltiples usos que permiten, así nas súas coleccións hai un colar/cinto/pulseira, un chaveiro/pulseira e tamén marca-páxinas, aneis, un gorro/bufanda reversible, bolsos/mochilas variados… 

 

  • As prendas de roupa tamén son para poñer de xeitos diferentes: blusón/vestido/pantalón, capa reversible … e saen do seu taller tras escoller teas de diferentes cores e estampados.

 

  • Con tanta diversidade de pezas, é lóxico que despertaran interese tanto en tendas de roupa de deseño, como en librerías ou xoierías…até que deixou de ir ás feiras e se adicou so ós encargos persoais.

 

Arte para desenvolvemento persoal

 

  • Antes de artesá, Eva foi “líder de grupos” de trabajo en una empresa multinacional. A súa derradeira viaxe nese traballo foi en 2012 a París, e á volta comezou un proceso que a levou a afondar no que traballara antes para outros, pero agora tamén para si mesma.

 

  • “No tenía claro lo que quería hacer, pero me sentí liberada y ya conocí en mi trabajo anterior la fuerza que puede tener una persona para motivar, así que me formé como entrenadora con asociaciones de referencia en España y Europa”.

 

  • En 2014 comezou a elaborar pezas artesanalmente, a partires da súa vella afección a facerse as súas propias prendas de roupa. “Una prenda no te hace mejor pero sí te hace sentir mejor, te hace ser tu mejor versión”, e transformou esa crenza en lema do seu traballo.

 

  • Dende a súa casa/obradoiro de Piñor, prepara a volta ás redes sociais nesta Nadal 2020. Comezará coa posta a punto da páxina web para potenciar os complementos que xa a identifican, e a maiores un par de prendas de roupa e dous bolsos de novo deseño que renovarán a súa colección.

 

  • As feiras… con máis calma, e pendentes da pandemia. “Me gustaría poder volver a participar en el Salón Internacional del Caballo de 2021 en Sevilla, y en mi favorita que es la del Mercado da Estrela, en Santiago de Compostela, también el próximo año”, concreta.

 

  • Versátil como as súas pezas e, da pulo a proxectos escolares, nos que os e as  estudantes aprenden a falar e vivir en igualdade, con espírito mediador. Neste curso, por exemplo, participaron nun dos debates televisivos da serie “HIT”.  Tamén é voz do programa “La ciencia es femenino” na emisora comunitaria Cuac FM e impulsora de actividades para apoiar a colectivos contra a violencia de xénero, entre outras.

 

Barbadás Quéreo Viveo, Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1714010212

SINGLE.1714010212