13/03/2025

X Festival Solidario de Barbadás, a favor de Por Eles TEA

Sábado,  22 de marzo ás  19:00 h no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense

X Festival Solidario a favor de Por Eles TEA

O  Festival Solidario de Barbadás é unha das citas máis especiais do ano para o alumnado e o profesorado da Escola de Música Municipal de Barbadás.

Nesta décima edición, a gala vai a favor da asociación Por Eles TEA Ourense.

A cita é no

As entradas están á venda  no Centro Comercial Ponte Vella.

O custe é de 5 euros, que se recadarán integramente para a Asociación Por Eles TEA Ourense.

Tamén habilitamos unha “fila cero” para quenes queiran aportar a súa doazón e non poidan asistir.

Dende o Concello de Barbadás e a  Asociación Por Eles TEA agradecemos a túa colaboración.  TODA AXUDA É BENVIDA!

Educación/Formación, Eventos

CONTENT.1768440456

SINGLE.1768440456