Programa “Xantar na casa”

O programa Xantar na casa artéllase a través da xestión directa por parte do Consorcio en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e cos concellos consorciados e forma parte do conxunto de servizos comprendidos no Sistema Galego do Benestar.

Constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

Con este tipo de recurso preténdese que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable.

O programa Xantar na casa artéllase a través da xestión directa por parte do Consorcio en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e consorciado co Concello de Barbadás.

-Documentación inicial:

Impreso de solicitude

Impreso do informe de saúde

Impreso de domiciliación Bancaria

-DNI

-Tarxeta sanitaria

-Certificado de pensións

-Certificado de recoñecemento do grao de discapacidade, de  ser o caso.