Xestión de materia orgánica

No  Concello de Barbadás, conscientes de que o   Medio Ambiente, precisa accións que garantan a súa conservación, continuamos a poñer en marcha iniciativas na xestión de residuos.

  • Un exemplo delo, é a posta en marcha dun Plan de Xestión de Materia Orgánica, onde os propios veciños do concello teñen un papel protagonista. Por unha banda, nos propios domicilios realizarán  separación do lixo orgánico nun  composteiro único, que será entregado polo concello, a petición do veciño.
  • O lixo orgánico xerado no fogar, deberá ser depositado no colector propio para elo, – o de cor marrón -. Este colector que estará debidamente pechado, deberá ser aberto cunha chave que se facilitará aos veciños que se adhiran ao programa.

 

Se estás interesado/a, preme nas seguintes imaxes que che darán acceso ao formulario de cada unha das accións.

 

Se parte activa da conservación do Medio Ambiente. Súmate ao voluntariado marrón!

Composteiro doméstico Concello de Barbadás

 

Ti tes a chave - Programa compostaxe doméstico Barbadás

 

 

Actuacións financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación, transformación  e resilencia UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado poa Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022-2023.