21/04/2021
Xestión e explotación da cafetería do Parque dos Patos (A Valenzá, Barbadás)
Prazo de presentación de ofertas ata o 14 de maio de 2021
XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA-BAR NO PARQUE DOS PATOS ( A VALENZÁ)
O 8 de abril publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público o procedemento para optar á xestión e explotación da cafetería-bar no parque dos Patos
O prazo de presentación de ofertas para optar a esta concesión administrativa finaliza o día 14 de maio
As ofertas deben presentarse pola Administración electrónica en contrataciondelestado.es
- O/a concesionario/a ofertará en concepto de canon: unha cantidade fixa anual. A oferta formularase á alza sobre a cantidade mínima de 100 euros/mes.
- Requisito para optar: a capacidade de obrar dos empresarios e a non concorrencia de prohibicións de contratar acreditarase mediante a inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público.
- A inscrición en o Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Público acredita, a tenor do nel reflectido e salvo proba en contrario, as condicións de aptitude do empresario en canto á súa personalidade e capacidade de obrar, representación, habilitación profesional ou empresarial, solvencia económica efinanceira e técnica ou profesional, clasificación e demais circunstancias inscritas, así como a concorrencia ou non concorrencia das prohibicións de contratar que debanconstar no mesmo.
- A presente licitación ten carácter electrónico. Os licitadores deberán preparar e presentar as súas ofertas obrigatoriamente de forma electrónica a través da ferramentade preparación e presentación de ofertas da Plataforma de Contratación do Sector Público.
- A utilización destes servizos supón a preparación e presentación de ofertas de forma telemática polo licitador.
- A apertura e avaliación da documentación a través da plataforma: as proposicións, xunto coa documentación preceptiva presentar, dentro do prazo de vinteseis (26) días contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no Perfil de contratante, exclusivamente de forma electrónica a través da Ferramenta de Preparación e Presentación de ofertas que a Plataforma de Contratación do Sector Público pon a disposición de candidatos e entidades licitadoras para tal fin.
- As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse en tres arquivos electrónicos asinados polo licitador, nos que se fará constar a denominación do arquivo electrónico e a lenda «Proposición para licitar á contratación da Cafetería-Bar Parquedos Patos».
- A denominación dos sobres é a seguinte:—Arquivo electrónico «A»: Documentación Administrativa.—Arquivo electrónico «B»: Proposición Económica e demáis criterios avaliables automáticamente.
- O licitador que presentase a mellor oferta deberá acreditar a constitución da garantía de 500€ vista a natureza, importancia e duración da concesión, segundo o artigo 107.4 da LCSP.
- Abono do canon: establécese o pago dun canon obrigatorio durante o tempo de vixencia do presente contrato.
- O canon deberá ser abonado de maneira SEMESTRAL, a semestre vencido.
- A contía do canon será a cantidade ofertada polo licitador que resulte adxudicatario do contrato.
- Deberá ser abonado o primeiro e último mes de execución (no cal os días prorratearanse polos días efectivos de servizo prestado).
- O pago do canon efectuarase durante os primeiros 5 días hábiles do primeiro mes de cada semestre.
- DESCRICIÓN DOS TRABALLOS. O adxudicatario está obrigado a realizar as actividades que a continuaciónse describen.
- CONSERVACION DO ESPAZO MUNICIPAL ONDE SE SITÚA ACAFETERÍA.
1.No céspede:
– Sega do césped, previo paso da desbrozadora por todos os bordes e soplado dos restos. Esta labor realizarase sempre que a prado supere os 7 cm. de altura. En condicións normais e en campaña suele ser dous ou tres cortes mensuais.
– Eliminación de malas herbas. Segundo o tipo e tamaño das mesmas empregaranse herbicidas selectivos para as pequenas e eliminación manual para as grandes e de desenvolvemento
– Abonado. Realizaremos tres tipos de abonados, un orgánico, aportando humus de miñoca unha vez por tempada, abonado químico en catro aplicacións por tempada e abonado foliar unha aplicación por tempada.
– Tratamentos fitosanitarios. Dous tipos: preventivos, unha aplicación e curativos: o observar a aparición de calquera praga ou enfermidade fúnxica.
– Revisión da instalación de rego ao comezo da campaña e reposición de elementos en caso de mal funcionamento.
2.No arborado e arbustos:
-Podas, pinzados e recortes. Poda invernal para todas as especiesarbóreas, e eliminación de brotes non desexados e chupóns en primaverae verán. Ambos con aplicación de pasta selladora e anti-hongos. Pinzadose recortes das especies arbustivas, eliminación de restos secos econtención do crecemento. Todo elo segundo as necesidades de cadaespecie.
-Abonado. Realizaremos tres tipos de abonados, un orgánico: aportandohumus de miñoca unha vez por temporada; abonado químico, en dousaplicacións por temporada; e abonado foliar, unha aplicación portempada.
-Tratamentos fitosanitarios. Dous tipos: preventivos, unha aplicación ecurativos, o observar a aparición de calquera praga ou enfermidade funxicida.
-Reconstrución de alcorques e eliminación de malas herbas no pé dasárbores e arbustos. E rego dos mesmos no caso de ser necesario.
3.En viais e parterres: Soplado e recollida de follas e restos vexetais. Eliminación das malas herbas, manualmente en zonas de grava y conherbicida total en viais.
4.Nas instalacións da cafetería deberá realizarse o mantemento, conservación e limpeza das propias instalacións.
- É obxecto do presente concurso regula-la concesión administrativa para instalación de cafetería con terraza na zona axardinada “Regato dos Muíños” na Valenzá, e subseguinte explotación.
- Os licitadores deberán presentar dous exemplares do proxecto básico das obras a executar, con toda a documentación regulamentaria. No seu día o adxudicatario deberá presenta-lo proxecto construtivo, relativo á adxudicación.
En todo caso deberán respectarse as seguintes condicións técnicas:
- Superficie máxima de 100 m² incluídas tódalas súas dependencias.
- Estrutura desmontable en aluminio lacado de cor verde ou madeira.
- Solado en plaqueta de barro cocido ou pedra.
- Cuberta de tella cerámica curva sobre enlatado de madeira e estrutura de madeira ou metálica pintada en verde.
- Acceso desde os corredores en grava miúda delimitada por bordo de pedra.
- Superficie máxima da zona dedicada a terraza exterior de 100 m².
- DURACIÓN DO CONTRATO:
O contrato terá unha duración de 10 anos.
No que respecta a valoración das proposicións e a determinación da oferta que garde mellor calidade-prezo, establécense una pluralidade de criterios evaluables automáticamente, que serán os seguintes:
- OFERTA ECONÓMICA (Puntuación máxima 70/100):
A oferta polo canon anual máis elevada será valorada con 70 puntos e o resto das ofertas serán valoradas mediante unha proporción directa, de acordo coa seguinte fórmula:
PUNTUACIÓN DA OFERTA = 70x OFERTA A VALORAR/OFERTA MÁIS ELEVADA
- OUTROS CRITERIOS EVALUABLES AUTOMÁTICAMENTE ( Puntuación máxima 30/100):
Conterá unha memoria encadernada, con índice e páxinas numeradas, na que se desenvolvan as propostas dos licitadores e chéguese a documentación necesaria en orde á aplicación dos seguintes criterios:
- PROXECTO DE EXECUCIÓN DO SERVIZO (Puntuación máxima 10/100):
Valorarase que o empresario traballe con produtos caseiros, naturais, frescos e de orixe non transxénica, a partir da información proporcionada polos licitadores sobre a procedencia dos alimentos, a súa subministración e calquera outro dato que proporcionen a efectos desta valoración.
- PRODUCTOS CASEIROS: 1 PUNTO
- PRODUCTOS NATURAIS: 1PUNTO
- PRODUCTOS FRESCOS: 1 PUNTO
- PRODUCTOS DE ORIXE NON TRANSXÉNICA :1 PUNTO
Tamén se terá en conta a diversidade e equilibrio nos menús diarios, de comida tradicional, dieta mediterránea:
- VARIACIÓN DOS MENÚS SEMANALMENTE: 1 PUNTO
- VARIACIÓN DOS MENUS QUINCENALMENTE: 2 PUNTOS
- VALORACIÓN DAS OPCIÓNS MÚLTIPLES DE ( PRIMEIRO, SEGUNDO PRATO E SOBREMESA):
- Dous pratos a elixir: 1 punto
- Tres pratos a elixir: 2 puntos
Por último, neste apartado valorarase a inclusión de Menús especiais e/ou pratos combinados para celíacos, baixos en calorías para vexetarianos e para outros colectivos que requiran unha alimentación específica ou calquera outro que aumente a oferta na selección. Respecto a os menús especiais incluirase o prezo proposto para cada un dos menús ofertados:
- MENÚ VEGANO E CELÍACO : 1 PUNTO
- MENÚ VEXETARIANO: 1 PUNTO
- INVESTIMENTOS A ACOMETER EN INSTALACIÓNS, MOBILIARIO E EQUIPAMENTO E QUE REVERTIRÁN AO CCONCELLO Á FINALIZACIÓN DEL CONTRATO ( Puntuación máxima 20/100):
Efectuarase unha descrición detallada dos investimentos que acometerá o adxudicatario para a mellor prestación do servizo, que poderá consistir, a criterio do licitante, nas seguintes:
- Investimento en instalacións, a través da execución de obras de adecuación e reforma sen custo para o Concello. Detallarase por partidas o custo estimado, sen IVE, do investimento para acometer co importe final do mesmo.
PUNTUACIÓN DA OFERTA = 10 x OFERTA A VALORAR/ OFERTA MÁIS ELEVADA
- Investimento en mobiliario e aveños inventariables. Detallarase por partidas o custo estimado do investimento para realizar co importe final do mesmo de acordo coa seguinte fórmula.
PUNTUACIÓN DA OFERTA = 10 x OFERTA A VALORAR/ OFERTA MÁIS ELEVADA.
- Para realizar calquera consulta dos requisitos dos/as licitadores/as que optan á explotación poden ser consultados na Plataforma de Contratación do Sector Público: contrataciondelestado.es