05/07/2021
Xornada formativa sobre Administración Electrónica
Xoves, 8 de xullo de 11 a 13 h.

- O próximo xoves, día 8 de xullo, en horario de 11:00 a 13:00 h., nas instalacións da Casa da Mocidade , haberá unha xornada formativa sobre como facer dun xeito telemático os trámites máis comúns coas administracións públicas (Facenda, Sergas, concello…) .
- Falarase tamén dos distintos medios de identificación (DNI-e, certificado dixital, Chave365…) que permiten aos usuarios gañar autonomía nos seus procedementos de uso cotiá (certificado de vida laboral, solicitar cita no médico,…).
- Esta actividade é apta para todas as idades e calquera nivel de formación en informática.
- É preciso inscrición previa no teléfono do CET, 988360413.
- Prazas limitadas.