14/11/2025
Xornada formativa sobre o sistema de facturación “VERIFACTU” para empresas e persoas autónomas

A Concellería de Promoción Económica organiza unha xornada formativa sobre Verifactu, o novo sistema estatal que transformará a forma na que os /as autónomos/as e empresas xestionan a súa facturación.
O obxectivo do encontro é explicar de maneira sinxela que é Verifactu, que obrigas introduce, como afectará ao día a día dos negocios e que pasos deben dar as persoas profesionais para adaptarse antes da súa entrada en vigor.
A sesión contará con persoal especializado que resolverá as dúbidas, trátase dunha oportunidade para anticiparse aos cambios normativos e avanzar cara a unha xestión máis segura, transparente e dixital.
Lugar: CET Barbadás
Data: 27 de novembro
Hora: 20:00h