03/04/2023
Xornadas de apicultura
Dentro das actividades formativas organizadas pola Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Formación, vanse realizar varias Xornadas apícolas.
- Sabes qué mel consumes? Aprende a coñecer máis da calidade do mel
Data: Mércores 26 de abril
Hora: De 16:30 a 19:30h
Lugar: CET Barbadás
Nesta xornada abordaranse factores de calidade do mel para consumidores. Coñecerase que proceso sofre o mel co paso do tempo e como é o mel que estamos a consumir. Erros de conservación e consumo.
Tamén se fará unha Cata comentada de diferentes variedades de Mel de Galicia, para poder comprobar que non todo o mel é igual
E falarase dos mitos e verdades sobre as propiedades do mel e o seu consumo.
- Sinerxias do mel e aceites esenciais para unha cosmética natural
Data: Mércores 10 de maio
Hora: De 16:30 a 19:30h
Lugar: CET Barbadás
Nesta xornada abordaranse as propiedades de distintos aceites esencias e do mel, os seus beneficios e o aproveitamento de ambos para facer cosmética natural.
Tamén se levará a cabo a elaboración de xabón, utilizando distintos aceites esenciais e produtos da colmea, que despois todos os asistentes levarán para a casa.
- Utilización do mel na gastronomía e elaboración de produtos con mel
Data: Mércores 7 de xuño
Hora: De 16:30 a 19:30h
Lugar: CET Barbadás
Neste xornada abordarase a elaboración de distintos produtos con mel como por exemplo distintas especialidades de mel con noces, xenxibre, canela e/ou pole.
Tratarase a utilización do mel na cocina, achegando aos participantes as posibilidades da súa utilización e vendo que o mel non é só para sobremesas, senón que se pode utilizar para primeiros pratos, segundos pratos, e ata para salsas.
Inscricións:
Por e-mail: cet@barbadas.es
Por teléfono: 988 360 413