06/05/2020
Xornadas informativas dirixidas a empresariado, comerciantes, autónomos/as e desempregados/as

O CONCELLO DE BARBADÁS ORGANIZA UNHAS XORNADAS INFORMATIVAS EN FORMATO “ON LINE”SOBRE O COVID-19
Dirixidas a empresariado, autónomos e comerciantes. Tamén están destinadas a persoas desempregadas
As xornadas abordan cuestións de interese como consecuencia da pandemia: lexislación, axudas, trámites e resolución de dúbidas
- A Concellería de Promoción Económica do Concello de Barbadás organiza unhas xornadas informativas dirixidas a empresarios/as, autónomos/as , comerciantes e desempregados/as.
- O concelleiro de Promoción Económica, Ramón Selas, explica que “as xornadas abordan cuestións de interese como consecuencia da pandemia: lexislación, axudas, trámites e resolución de dúbidas”.
- As xornadas para empresarios/as, autónomos/as e comerciantes celebraranse o xoves 7 de maio entre as 18.00 e as 20.00 horas.
- Para acceder ás xornadas que se impartirán o xoves 7 de maio hai que seguir o seguinte link: https://meet.google.com/npd-addb-xyc?authuser=2
- As xornadas para desempregados/as impartiranse o venres 8 de maio, de 11.00 a 13.00 horas e para participar hai que seguir o seguinte enlace: https://meet.google.com/may-gpds-jus?authuser=2