03/04/2023
Xosé Carlos Valcárcel quixo humanizar Barbadás tras xurar que a súa cara “nunca estaría nun cartel”
Servizos públicos en Barbadás
Xosé Carlos Valcarce Doval é economista e chegou a Barbadás na procura de piso. Atopouno, quedou e descubriu que o lugar que escollera para vivir “carecía de solidariedade e de valores de progreso, medraba de xeito pouco humanizado e era un concello pouco democrático”.
- Xuraba daquela que a súa cara “nunca estaría nun cartel” pero finalmente aceptou comezar a súa carreira política e tentar dar pulo a iniciativas que paliasen as numerosas eivas, como “a pouca transparencia, a falta de solidariedade, a actividade pouco respectuosa co medio ambiente, nada feminista e sometido a un crecemento puramente especulativo e deshumanizado, sen ter presentes as necesidades das veciñas e veciños”, relata.
- No momento en que foi elixido alcalde hai 8 anos, segundo lembra, a primeira iniciativa que quixo poñer en marcha foi a de arranxar o xardín dianteiro do supermercado Mercadona. “A propiedade estaba moi dividida e costounos 4 anos localizar a tódalas persoas implicadas”, lembra.
- E xa “con orgullo” refírese a outras intervencións nas que destaca a activación total do CIM (que foi iniciativa do partido co que co-gobernou na anterior lexislatura) e o funcionamento actual do Banco Solidario que estaba “en precario e hoxe atende e da sustento vital a preto de 400 persoas”, e foi tan importante tamén durante a pandemia.
Os proxectos que son e serán
- A ampliación do polideportivo , pendente dun convenio marco entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense; a mellora de rúas con prioridade, neste momento, na rúa das Burgas cara o centro de saúde; o posto da Garda Civil “que xa está encauzado para instalarse na Valenzá”; a cubrición de parques que xa conta con varios proxectos e está pendente de financiación…
“Hai parques que non poden cubrirse pola proximidade a vivendas”, lembra, e tamén a previsión de crear unha zona acuática con xogos de auga na contorna da piscina municipal… e o transporte metropolitano, que xa non depende do concello.
“Somos o único que ten aprobados requisitos e protocolos e o funcionamento como transporte metropolitano da comarca de Ourense depende agora da Xunta de Galicia e dalgún dos concellos afectados, pero co aprobado por nós podemos ofrecer xa billetes a custo reducido para todo tipo de colectivos como estudantes, persoas maiores….”
- Ser alcalde conleva estar pendente de todas as áreas, así que tamén refírese á de Cultura por ser “intensísima e de balde”, durante todo o ano, e ao aire libre durante o verán . “Comezamos a traballar tamén coa posibilidade de ter un auditorio no concello”, remarca.
- No eido patrimonial e mesmo turístico destaca a complexidade de actuar nos cascos antigos de Loiro, Bentraces, Sobrado do Bispo e mesmo no de Barbadás porque están afectados pola Lei de Patrimonio e esto obriga a que as actuacións “sexan lentas” pero xa están en marcha varias. No mesmo eido destaca O Tangaraño (ou penedo Vigón) e o proceso para declaralo Ben de Interese Natural (monumento natural).
“Unha vez máis, a multipropiedade ralentiza e hai tempo que iniciamos a localización de propietarios”, engade. Tamén en marcha a Ruta dos Cruceiros para dar a coñecer e poñer en valor os máis de 30 espallados polo concello.
- Barbadás terá un polígono comercial cun proxecto técnico desenvolvido en colaboración coa Autoridade Portuaria da Zona Franca de Vigo, a través do delegado estatal David Regada. Cando esté definido, en terreos entre Barbadás en Bentraces, o seu crecemento dependerá das iniciativas privadas.
- En deportes, Barbadás comezou a ser lugar para unha das probas do Rallye de Ourense, haberá un minicircuito nivel C2 de ciclocross e unha proba internacional puntuable para o campionato do mundo e seguirán eventos novidosos como o “Cavernícolas Race”.
Beleza natural de Louredo
- Outro dos espazos naturais que hai que destacar, segundo Xosé Carlos, é a fraga de Louredo “un espazo natural do concello, preto de zona urbana pero case sen afectación dende hai moitos anos, onde están as primeiras evidencias documentadas dos viños de Galicia, e hai que poñelo en valor” , engade.
Convivencia e solidariedade
- Para Xosé Carlos o traballo municipal ten sentido se “expresa e busca mellorar a convivencia, a socialización e a solidariedade” pois Barbadás é un concello “moi marcado” no urbanístico “e hai que humanizalo e melloralo con tódalas iniciativas posibles”.
- Lembra que para elo, as vías de comunicación entre veciñas, veciños e concello son moitas. “Levo con orgullo ser alcalde do lugar no que vivo e que as persoas me falen para explicar as súas ideas, e poder encauzalas despois”, remata.
- (As últimas entrevistas foron adicadas ás diferentes áreas municipales para aportar información de como funcionan os servicios públicos de Barbadás, os novos espazos creados como a Casa da Mocidade, os que veñen de antes como a Escola Municipal ou o Centro de Información á Muller e en xeral, a actividade xerada arredor das propostas e necesidades veciñais… recomendámoche leer para saber).