06/04/2019

Xuntanza cabalar en Bentraces, Barbadás

PARTICIPANTES DE TODA GALICIA E DE PORTUGAL PARTICIPARÁN MAÑÁ 7 DE ABRIL NA XUNTANZA DE CABALEIROS EN BENTRACES

A 15 ª edición reunirá a 200 afeccionados para percorrer as rutas a cabalo polos fermosos montes da zona

Este ano rendirase homenaxe a Tino, un dos fundadores da Asociación de Cabaleiros de Barbadás

  • A Xuntanza cabalar de Barbadás converteuse tras as sucesivas edicións nunha das máis importantes do territorio galego.

 

  • O número de participantes medra cada ano e reúne no entorno do campo da Veringuela de Bentraces a un nutrido grupo de afeccioados/as ao deporte das rutas a cabalo.

 

  • A 15ª edición será unha “Ruta Homenaxe a Tino”, un dos fundadores da Asociación de Cabaleiros de Barbadás.

 

  • Os fermosos montes da zona de Barbadás serán o escenario no que se desenrolará a ruta a cabalo.

 

  • As previsións indican que serán 200 xinetes os/as que disfrutarán dunha xornada cabalar, en tanto que o número de comensais que disfrutarán do xantar da Xuntanza estará en torno ás 300 persoas.

 

  • O xantar estará amenizado por un grupo de concertinas: “Os Lordes de Montalegre”.

 

  • A Xuntanza Cabalar de Barbadás é unha das que máis participantes reúne de toda Galicia.

 

  • Un dos motivos do éxito é “a fermosura dos montes de Barbadás, o bo avituallamento e unhas excelentes instalacións para disfrutar do día”, explica Jorge Castro, un dos organizadores do evento.

 

  • Outro dos motivos do alto índice de participación radica no feito de que os cabaleiros de Barbadás participan na práctica maioría das xuntanzas destas características.

 

  • Na Xuntanza Cabalar colabora o Concello de Barbadás a través da Concellería de Deportes.

 

  • Jorge Castro define a xuntanza cabalar coma un evento que “iniciamos hai anos con un cocido 40 cabaleiros da zona ata converterse nunha ruta punteira, a pesar de contar co hándicap de que no municipio de Barbadás non hai unha excesiva afección polo mundo do cabalo”.

 

  • A ruta comezará dende o campo de fútbol da Veringuela, en Bentraces, ás 10,30 da mañá.

 

  • Na metade do itinerario ofrecerase aos/ás participantes un completo refrixerio.

 

  • Para culminar a Xuntanza Cabalar celebrarase un xantar popular en torno ás 14,30 horas, que ten un custo de 20 euros e está aberto a calquera persoa que queira anotarse.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “se trata de un evento deportivo xa enraizado no noso concello e que convoca a un importante número de xinetes e amazonas”.

 

  • Valcarcel comenta que “este deporte ten cada día máis pulo dado que a afección medra de xeito continuado”.

 

  • Asegura tamén o rexedor que “é destacable o feito de que este é un deporte en pleno contacto co entorno natural e que ademais permite dar a coñecer as potencialidades naturais de Barbadás”.

 

  • Adrián Varela, concelleiro de Deportes de Barbadás, sinala que “esta xornada lúdica permite aos/ás participantes na ruta cabalar disfrutar da beleza paisaxística do concello de Barbadás, seguindo o roteiro deseñado pola organización con centro neurálxico no campo de fútbol de Bentraces, que percorre o entorno dos Castros”.

 

  • Varela sinala que “esta festa anual do cabalo permite durante toda a xornada do domingo a moitos/as visitantes de fóra do noso concello dar a coñecer o municipio de Barbadás e a súa grandeza paisaxística e natural”.

 

 

 

 

Deportes, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1728532988

SINGLE.1728532988