28/06/2020

Manifiesto por el Día Internacional del Orgullo Lésbico, Gay, Transexual, Bisexual e Intersexual

MANIFESTO POLO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO

LÉSBICO, GAI, TRANSEXUAL, BISEXUAL E INTERSEXUAL.

O Concello de Barbadás únese as celebracións, un ano máis, do día do Orgullo LGTBI, este ano baixo o lema “2020 Mulleres LTB: Sororidade e Feminismo”, reivindicación que pretende que as mulleres de colectivo LTB acaden unha igualdade real e efectiva nos ámbitos social, político, cultural, económico e educativo.

A realidade que viven as mulleres do colectivo LTB é que en moitas ocasións, experimentan discriminacións múltiples: coma integrantes do colectivo LGTBI, coma mulleres e a opresión que estas viven na nosa sociedade, así como, os diferentes tipos de discriminacións por ter recoñecida algún tipo de discapacidade, ou por pertencer a un colectivo de persoas que se encontren en situación de vulnerabilidade.

Esta reivindicación pretende visibilizar as discriminacións específicas que afrontan as mulleres do colectivo LGTBI. Con isto, preténdese amosar a diversidade coma algo positivo, real e necesario, unha ferramenta que permita empoderar as mulleres cara unha sociedade igualitaria, así como, protexer das discriminacións ás máis vulnerables dentro do colectivo, como poden ser as mulleres migrantes, refuxiadas e aquelas que foron vítimas da trata de persoas.

Tamén a necesidade de poñer en funcionamento medidas que erradiquen a discriminación no ámbito laboral e educativo, a través da creación de programas que amosen a realidade do colectivo LGTBI e a diversidade como un valor social, dirixido a todos os niveis formativos.

Para lograr unha sociedade igualitaria é necesario que todas e todos sexamos visibles, por iso consideramos imprescindible que a realidade das persoas gais, trans, bisexuais, e intersexuais estea presente no ámbito cultural e social, como referentes que axuden a rachar cos estigmas e discriminacións vencelladas principalmente a orientación sexual e de identidade de xénero das persoas.

O feito de poñer este ano o foco da atención no concepto de sororidade, posibilita a reivindicación feminista na que as mulleres do colectivo LGTBI, se unan e coma colectivo, loiten para dar a coñecer a súa realidade social, na que a igualdade non sexa unha mera utopía senón que sexa o motor de cambio na construción social actual.

O lema deste ano é un referente na concienciación cidadá, que axudará a que as mulleres trans, bisexuais sexan máis visibles e se convertan no eixe de cambio necesario nunha sociedade que cada vez loita e reclama máis igualdade, polo que é imprescindible, rachar e mudar con todo aquilo que sexa o xerme das violencias e discriminacións sociais, políticas e educativas, que dificultan e impidan o desenvolvemento do noso pobo.

Noticias

CONTENT.1714106837

SINGLE.1714106837