* Tarxeta estacionamento:
Concederáselle ás persoas con graves problemas de mobilidade que teñan recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público polos equipos de valoración e orientación (EVO), como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso e disfrute dos transportes privados, facilitando o seu estacionamento.
Cando o titular sexa unha persoa física poderá utilizala en calquera vehículo en que se traslade, sexa ou non da súa propiedade e sexa o titular da tarxeta o conductor do vehículo ou non.
Cando a titular da tarxeta sexa unha persoa xurídica deberá incluir a/as matrículas dos vehículos habilitados para transporta-las persoas con graves problemas de mobilidade.
Cando se faga uso dos dereitos que outorga esta tarxeta colocarase nun lugar visible do vehículo.
* Tarxeta accesibilidade:
Concederase ás persoas con algunha limitación e teñan recoñecida a minusvalía polo EVO, con carácter persoal e intransferible, como documento acreditativo da sua situación de discapacidade, para favorece-lo uso e desfrute dos transportes públicos.
–Documentación:
-Fotocopia do DNI
-Fotocopia do certificado de minusvalía do E.V.O
-Normativa:
Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 41, do 29/02/2000).