Saúdo do Alcalde, Xosé Carlos Valcárcel Doval

Saúdo do Alcalde

Xosé Carlos Valcárcel DovalIniciamos en Barbadás unha nova e ilusionante etapa que vai estar presidida pola responsabilidade das persoas que van xestionar o diñeiro de todos e todas. Un novo período de cambio en positivo para avanzar xunt@s, para dar pasos a prol dun concello máis forte e máis dinámico.

O dinamismo e xuventude de boa parte da poboación de Barbadás son un factor básico para o futuro. E temos diante de nós un reto moi importante: conseguir que a Administración Local traballe activamente na integración laboral de mozos e mozas.

Desde Barbadás queremos apostar por un proxecto que representa a apertura fronte ó inmobilismo, un proxecto que ilusione e que represente un cambio en positivo.

Barbadás é un concello diverso, con parroquias que teñen personalidade propia e problemas diferentes. Toda a cidadanía debe ter a posibilidade de acceder a uns servizos básicos de calidade. A nosa obriga é pensar en toda a veciñanza máis alá do lugar no que residen.

As políticas sociais van ser unha prioridade para esta Alcaldía porque precisamos dun Barbadás máis solidario. Vivimos tempos difíciles e a veciñanza esixe que os impostos sexan útiles, que sirvan para mellorar os servizos. A cidadanía ten que saber cómo se gastan os seus impostos e cómo se xestionan. Temos que apostar por unha mellora dos servizos públicos para aproveitar mellor o que pagan os/as nosos/as veciñ@s.

A política é unha actividade que invade todos os ámbitos das nosas vidas e por eso afirmo que desde a limpeza, a honestidade e a solidariedade resulta unha tarefa imprescindible para mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía. Traballaremos por un Concello máis aberto, máis próximo e a prol da participación e o debate construtivo.

É necesario un Barbadás con máis cohesión social e menos desigualdades, un concelllo implicado en acadar máis benestar e máis igualdade entre mulleres e homes.

A participación cidadá resulta fundamental para conseguir que a veciñanza considere o Concello a súa casa, a casa de tod@s. Para eso é imprescindible contar con todos os colectivos e asociacións, así como con tod@s e cada un/unha d@s cidadáns/ás. Queremos que tod@s sexan partícipes dos orzamentos e que a veciñanza estea presente na elaboración dos proxectos que deben cambiar o noso futuro.

A finalidade primordial do equipo de persoas que traballarán en Barbadás será acadar as mellores condicións para o quinto concello da provincia de Ourense.

Un cordial saúdo,

Xosé Carlos Valcárcel Doval

TMPL_CONCELLO.TEMPLATE.1710834421