11/02/2022

Barbadás acollerá unha proba puntuable para o Supercampionato de España de Ralllye

 

CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE BARBADÁSE ESCUDERÍA DE OURENSE PARA ORGANIZAR UNHA PROBA DO RALLYE NO MUNICIPIO

  • O Concello de Barbadás asinou un convenio de colaboración coa Escudería de Ourense para a organización e realización dunha proba do Rallye en 2022, que se disputará os vindeiros 17 e 18 de xuño.

 

  • Tralo éxito de organización e público que supuxo o ano pasado a realización de test oficiais no concello, este ano Barbadás acollerá unha proba puntuable para o Supercampionato de España o sábado 18 de xuño.

 

  • Os mellores pilotos participarán nun tramo cronometrado do que poderán gozar os aficionados que se acheguen a Barbadás.

 

  • Estas probas porán ao Concello no mapa dun evento deportivo de nivel nacional e atraerán visitantes para coñecer ao mesmo tempo o atractivo turístico e paisaxístico do territorio.

             

Deportes, Novas

CONTENT.1733910337

SINGLE.1733910337