17/04/2021

Campaña de bonos para promocionar o comercio local de Barbadás, especial “Día da Nai”

A CAMPAÑA DE BONOS “ REVIVE OS COMERCIOS DE BARBADÁS- DÍA DA NAI 2021” DESENVOLVERASE DO 19 DE ABRIL ATA O 30 DE ABRIL DE 2021, AMBOS INCLUÍDOS

A Concellería de Comercio, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, poñerá en circulación un total de 800 bonos

A campaña funcionará igual que as anteriores, a través da web comerciobarbadasrevive.es, onde as persoas empadroadas teñen que acceder para descargar o seu bono ( só un bono por persoa)

  • A campaña “ReVive os comercios de Barbadás- Día da Nai 2021” funcionará igual que as anteriores, a través da web comerciobarbadasrevive.es, onde as persoas empadroadas teñen que acceder para descargar o seu bono ( só un bono por persoa)

  • Os bonos serán nominativos, polo que as persoas deberán estar empadroadas no Concello de Barbadás e deberán facilitar o seu nome e apelidos, DNI, email e teléfono.

  • A Concellería de Comercio, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, poñerá en circulación un total de 800 bonos

  • Cada persoa poderá trocar un bono en calquera dos 20 establecementos comerciais que participan na campaña de promoción do comercio do “Día da Nai”.

  • O valor de 10 euros de desconto deberá aplicarse na súa totalidade a unha compra de importe igual ou superior a 30 euros.

  • Os bonos caducan ás 48 horas polo que, unha vez descargados se non se utilizan transcorrido ese tempo, perderán a súa validez.

  • Para o seu troco teranse que presentar ao comerciante ben a través do correo descargado no móbil ou debidamente impresos antes de que perdan a súa vixencia (48 horas).

  • No bono figurará o nome, apelido e DNI do/a cliente, así como un número de bono que deberán ser validados polo comerciante.

  • Listado de establecementos comerciais en onde pode vostede trocar o seu bono: A nena das tesoiras, Bel moda e complementos, Calzados Zocos, Carussa baby, Don Gato, Esencia Zen centro estética, Ferretería La Económica, Floristería Zeltia, Herbolario Gaia contigo, Idunna centro estética, Kibú coffee shop, La Cigüeña, Libraría Carlin, Libraría Valenzá, Libraría Moraima, Más que un sueño, M&S zapatillas e lencería, Perruquería PV, Pillabáns, Reparaciones Juan.

Comercio, Novas

CONTENT.1714114415

SINGLE.1714114415