25/04/2019
Campionato de escalextric en Barbadás os días 27 e 28 de abril
BARBADÁS ACOLLE O 1º OPEN DE ESCALEXTRIC PUNTUABLE PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA
A asociación “Mangallo Slot” organiza un evento que reunirá a aficionados/as de todo o país no circuito ubicado na Finca Fierro
- A primeira edición de ámbito nacional do “Open de Barbadás” foi organizado co obxecto de englobar a todos/as aficionados/as de ámbito nacional.
- O “open” consta de 8 probas e unha delas desenrolarase os días 27 e 28 de abril en Barbadás, no circuito que a asociación “Mangallo Slot”.
- José Luis Rosales, tesoureiro da asociación explica que a iniciativa de organizar este evento en Barbadás xurdiu da alta participación que teñen os/as aficionados/as do clube de Barbadás en competicións a nivel estatal.
- O campionato de España está composto por 8 probas, que se desenrolarán en diferentes lugares da península: Barbadás, Vigo, Bilbao, Mieres (Asturias), Campello (Alicante), Tenerife, Parla (Madrid) e Valencia.
- Este é o primeiro campionato de openes que se desenvolve durante 8 meses.
- Un total de 78 participantes percorrerán o circuito de escalextric que creou o clube Mangallo Slot na Finca Fierro.
- A xornada do día 27 iniciarase coas verificacións dos vehículos, seguindo o mesmo proceso ca nun rallie de vehículos.
- O sábado os vehículos realizarán 3 pasadas polos diferentes circuitos: pola mañá os/as protagonistas serán os conductores locais e pola tarde os que veñen do resto de España.
- O domingo 28 de abril os preto de 80 participantes realizarán 2 pasadas novamente por todos os circuitos e a partir das 15,00 horas procederase á entrega de premios.
- Rosales comenta que se correrán 10 categorias: WRC, S, SNGT, SNR, N, NCL, SNCL, DAMAS, INFANTIL e COPA CAPRI SRC.
- Esta competición é puntuable para o IV campionato de España de openes e está patrocinado polo Concello de Barbadás.
- O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, destaca a continuidade e crecemento dos campionatos provinciais e do Open benéfico “Pel de Mariposa, organizados polo clube “Mangallo Slot”.
- Varela sinala que “dende o Concello de Barbadás queremos amosar o apoio e colaboración á celebración de eventos deportivos que poñen a Barbadás no mapa deportivo provincial, galego e nacional”.
- José Luis Rosales, tesoureiro do clube de escalextric, comentou que “estamos abertos á incorporación de novos socios”. As instalacións están abertas 3 días durante a semana e os fin de semana.
- En Galicia só existen 4 clubes de escalextric con un local propio, sendo o “Mangallo Slot” un deles.
- O circuito de 8 carrís ubicado na Finca Fierro é o de maiores dimensións de España.