*23/06/2024
**
Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza de Barbadás.
26 de xuño ás 19:00 h, no Centro Empresarial Transfronteirizo
*23/06/2024
**
Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza de Barbadás.
26 de xuño ás 19:00 h, no Centro Empresarial Transfronteirizo
O Centro Empresarial Transfronteirizo acollerá, o vindeiro día 26 de xuño, unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Terá lugar ás 19:00 horas. Finalizará coa entrega do material necesario (manual de compostaxe, composteiro e aireador) para levar a cabo a reciclaxe, en orixe, dos residuos orgánicos. É un evento aberto a toda a veciñanza de Barbadás que dispoña dun terreo … Seguir lendo Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza de Barbadás. →
Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza de Barbadás. 23/06/2024 |
---|
Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza de Barbadás.26 de xuño ás 19:00 h, no Centro Empresarial Transfronteirizo
|
CONTENT-CAT.1734163555
*03/06/2024
**
Será no Paseo dos Amieiros (A Valenzá), o 5 de xuño, de 9:30 a 14:00 h
Un milleiro de escolares do concello de Barbadás asistirán o próximo mércores 5 de xuño a unha espectacular exhibición dos servizos de emerxencias. O escenario será o Paseo dos Amieiros da Valenzá e está previsto que participen alumnos e alumnas dos CEIP O Ruxidorio e Filomena Dato e do CPR Luis Vives, ademais de usuarios … Seguir lendo Un milleiro de escolares asistirán a unha exhibición dos servicios de emerxencias no Paseo dos Amieiros da Valenzá →
Un milleiro de escolares asistirán a unha exhibición dos servicios de emerxencias no Paseo dos Amieiros da Valenzá 03/06/2024 |
---|
Un milleiro de escolares asistirán a unha exhibición dos servicios de emerxencias no Paseo dos Amieiros da ValenzáSerá no Paseo dos Amieiros (A Valenzá), o 5 de xuño, de 9:30 a 14:00 h Un milleiro de escolares do concello de Barbadás asistirán o próximo mércores 5 de xuño a unha espectacular exhibición dos servizos de emerxencias. O escenario será o Paseo dos Amieiros da Valenzá e está previsto que participen alumnos e alumnas dos CEIP O Ruxidorio e Filomena Dato e do CPR Luis Vives, ademais de usuarios de Centro Ocupacional As Burgas. Esta iniciativa, organizada pola concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Barbadás, que dirixe Elisabeth González, en coordinación coa concellería de Emerxencias que dirixe Dani Rey, acada a súa segunda edición despois do éxito do ano pasado. Os nenos e nenas disfrutarán dunha xornada de convivencia na que poderán achegarse ao helicóptero da Garda Civil, entre outros vehículos que empregan os servizos de emerxencias. Nesta ocasión aumentan os medios de seguridade e servizos de emerxencias que se darán a coñecer aos escolares e que serán os seguintes: Garda Civil, Policía Nacional, Consellería de Medio Rural, Bombeiros San Cibrao e Ourense, Protección Civil de Barbadás e Ourense, Policía Local del Barbadás, Axega 112, Patrimonio Natural e a Axencia de Doazón de órganos e Sangue. A actividade desenvolverase de 9.30 a 14.30 horas e tal e como explicou a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Barbadás, Elisabeth González, “trátase dunha actividade moi agardada e na que os escolares poderán familiarizarse cos servizos de emerxencias e coñecer o importante traballo que realizan”. Cómpre destacar que aínda que as exhibicións están destinadas aos alumnos e alumnas dos centros educativos, a actividade estará aberta a toda a veciñanza, que poderán seguir a xornada dende o espazo habilitado. O Concello invita a toda a cidadanía a participar nunha xornada de aprendizaxe e recoñecemento do traballo daqueles que traballan para garantir a seguridade.
|
CONTENT-CAT.1734163555
*04/10/2018
**
Hortas escolares Barbadás 04/10/2018 |
---|
Hortas escolares BarbadásA Concellaría de Medio Rural pon a camiñar o proxecto das hortas escolares, nos CEIP do Concello. |
CONTENT-CAT.1734163555