16/10/2023

Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Martes, 17 de Outubro de 2023 ás 20:30h

O martes 17 de Outubro ás 20:30h. na Sala Manuel María (Barbadás), 67 GRAOS OURENSE FERVESCÉNICA
SINOPSE:
Baixo o título 67 graos Ourense Fervescénica,-nome que fai referencia á temperatura coa que sae a auga do cano grande da Burga-, nesta xornada exhibiranse os froitos das 5 bolsas de creación de pezas a escala que porán o acento nas creadoras e nos creadores ourensáns e galegos buscando e promovendo o diálogo entre disciplinas artísticas.
Serán os espectadores a esta xornada de exhibición os que elixirán de entre as pezas seleccionadas a gañadora dun premio de 600 €.
Con esta iniciativa o FITO busca reforzar a influencia positiva a nivel social, cultural, artístico e económico que xera o festival activando o tecido cultural de base ademais do profesional, promovendo unha cidade viva e visibilizando a cultura e os seus profesionais.
67 GRAOS-Ourense FERVESCÉNICA pretende, dentro das súas posibilidades, demandar de xeito proactivo políticas que incentiven e non castiguen a acción cultural, divulgar novas linguaxes artísticas no ámbito das artes escénicas, e pór o acento no desmantelamento cultural e as políticas desactivadoras.
Como novidade e, segundo o compromiso asinado polo Festival no ano 2008, nas bases primarase as direccións e creacións femininas.
Entrada libre ata completar aforo.

Cultura, Eventos

CONTENT.1714254461

SINGLE.1714254461