03/08/2020

Ghazafelhos no Programa de Verán

O Xoves 6 de Agosto, ás 21h., nova actuación do Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo GHAZAFELHOS que nos presenta o espectáculo “Acuario” será no Parque dos Patos de A Valenzá.

Sinopse:

Acuario está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: Amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico…e mariño.

Teatro actoral | Público infantil e familiar (+5) |60 min

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1601286540

SINGLE.1601286540