07/05/2024
III Foliada Letras Galegas no Concello de Barbadás
17 de maio de 2024. Parque dos Carrís (A Valenzá)
O Concello de Barbadás celebrará o venres 17 de maio a terceira edición da Foliada Letras Galegas este ano adicado á poeta e ensaísta Luisa Villalta.
A celebración, será no Parque dos Carrís, a carón do Polideportivo municipal. Estarán presentes varios postos de productos artesanais e haberá xogos e obradoiros lúdicos para os máis cativos.
- A III Foliada contará coas actuacións da Banda Cultural de Barbadás, integrada polo alumnado da Escola Municipal de Música e con grupos como Lambisqueiras, Zoadeira e Cuncas de Son, que nos ofrecerán cantos e música tradicional.
- Ás 14:30h, teremos un xantar popular, co menú de empanada, churrasco mixto con patacas fritas, criollo, ensalada, postre, bebidas, café e licores.
Prezo: 20 €.
Os comensais infantís poderán degustar o mesmo menú por un prezo de 10 €.
Os tickets están á venda en FONVAL (Rúa do Ensino, 11 – A Valenzá).
- E para o remate teremos a actuación da charanga BBB e unha gran queimada.