Prazo do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h.
O Concello de Barbadás, a través da Concellaría de Educación, convoca unha nova edición do Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal, dirixido a todos os nenos e nenas do municipio matriculados en educación primaria (de 1º a 6º curso).
O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creatividade, a expresión artística e o espírito do Nadal entre os máis pequenos.
Categorías
1ª categoría: alumnado de 1º a 3º de Primaria.
2ª categoría: alumnado de 4º a 6º de Primaria.
Requisitos
As tarxetas deben:
Representar o espírito do Nadal, valorándose a orixinalidade e a creatividade.
Presentarse en cartolina ou papel tamaño DIN A5 (15 x 21 cm), con deseño vertical.
Presentación
As obras poderán entregarse:
Na Casa da Cultura de Barbadás, no buzón habilitado para o concurso.
Nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro (conserxería).
Prazo: do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h.
Cada participante deberá presentar a súa tarxeta nun sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido á Concellaría de Educación – Concurso de Tarxetas de Nadal 2025. No interior incluirase outro sobre pechado cos datos persoais (nome e apelidos, dirección, idade e teléfono).
Resolución e premios
O xurado —formado pola Concelleira de Educación, o coordinador da Casa da Cultura e un representante de cada CEIP— seleccionará dúas tarxetas por categoría.
As tarxetas gañadoras poderán ser utilizadas polo Concello para o Programa Cultural de Nadal ou para felicitacións institucionais.
Os nomes das persoas premiadas publicaranse na web municipal (www.barbadas.es) a partir do 26 de novembro de 2025.
O 22 de decembro celebrarase unha recepción especial con Papá Noel, chea de sorpresas para os participantes seleccionados.
A participación implica a aceptación das bases reguladoras do concurso.
Listados provisionais axudas de libros e material escolar educación infantil
Subsanación de erros ata o día 12 de novembro
O CONCELLO DE BARBADÁS CONVOCA NOVAMENTE A LIÑA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO EN EDUCACIÓN INFANTIL, PARA O CURSO 2025-2026
Estas achegas están destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo
As axudas que se conceden terán carácter de subvención económica realizada polo Concello de Barbadás para a compra de libros e material para os ciclos de Educación Infantil, ascendendo a 100 € por neno/a como máximo.
Beneficiarios
Os beneficiarios serán unidades de convivencia cuxos ingresos non poderán exceder de cinco mil setecentos euros netos anuais por membro familiar.
Solicitudes
O prazo de entrega das solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación do extracto no B.O.P. e será dun mes dende esa data. (Publicado no BOP o 10/09/2025)
Subsanción de erros 10 días hábiles ( ata o día 12 de novembro).
Martes, 28 de outubro ás 17h. e ás 18h. (dúas sesións)
Continuamos coas narracións en inglés para @s nen@s, e o próximo martes 28 de Outubro, contaremos con dúas sesións, unha ás 17h. e unha segunda sesión ás 18h., para nen@s de 4 a 6 anos.
O conto chámase “The Colour Monster”.
No conto, un monstro séntese confundido porque ten moitas emocións mesturadas, unha nena acompáñao para entender o que lle pasa, e xuntos descobren cómo recoñecer e ordear o que sente.
Traballaremos a intelixencia emocional a través dun código de cores.
Amais, faremos unha manualidade sobre o tema do libro e practicaremos o vocabulario das emocións e das cores. Tamén hai varios xogos para practicar o aprendido.
Evento: Narración Día: Martes 28 de Outubro Hora: ás 17h. e ás 18h. (dúas sesións) Idades: de 4 a 6 anos.
Para inscribirse nalgunha das sesións é necesario mandar un correo electrónico a: 📧 biblioteca@barbadas.es especificando a hora na que se quere inscribir, ás 17h. ou ás 18h., os nomes d@s nen@s, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia).
Xoves 30 de outubro ás 19h. na Biblioteca Municipal
O próximo xoves 30 de outubro, ás 19h. faremos a presentación do libro “A MI LA DO” da autora Ana Rosa Pato.
Ana Rosa Pato (2000), coruñesa de nacemento e ourensá de adopción, debuta no panorama literario con “A mi la do”, unha recompilación de poemas escritos dende os 17 anos ata a actualidade, onde aúña as dúas paixóns ás que se adica: a música e a escritura.
Neles, a autora converte a linguaxe en melodía, invitando ao lector a deixarse levar polo ritmo de cada verso, máis alá da temática. Para ela, “a música é poesía e a poesía é música”, e esta obra é un claro reflexo desta visión: íntima, honesta e profundamente sensorial.
Evento: Presentación de libro Día: Xoves 30 de Outubro Hora: Ás 19h. Lugar: Biblioteca Municipal Entrada: Libre
Xoves 23 de outubro, ás 18:00h. na Biblioteca Municipal.
A Biblioteca Municipal vai celebrar o Día da Biblioteca, e para elo contamos coa narradora INMA SOTO que trae narración “XELA, AVENTURA NA FRAGA”, será este xoves 23 de outubro, ás 18h. na Biblioteca Municipal.
“Xela, aventura na fraga” é un conto para mergullarse no outono. A protagonista convida a unha aventura para espertar a sensibilidade e apego polo mundo que nos rodea. “Un inesperado suceso na casa da protagonista motiva a Xela a saír na procura de respostas; polo camiño atopa plumas, pegadas e cacas de animais que conducen á resolución deste misterioso caso. Cara o desenlace da historia, ademáis de mostrarlles as características da fauna galega, aprenderán a ollar á natureza como se elas e eles tamén formasen parte”
Inscricións:biblioteca@barbadas.es indicando nome, idade e teléfono de contacto. Idades: de 5 a 9 anos. Prazas limitadas.
Co obxectivo de achegar a lingua e a cultura galegas ás persoas interesadas, o Concello de Barbadás organiza un Curso de Introdución á Lingua e Cultura Galega, dirixido a maiores de 16 anos.
Impartirase do 12 ao 21 de novembro de 2025, de 10:00 a 12:30 h(20 horas)
Lugar: Aula de formación da Solaina- A Valenzá
Público destinatario: Persoas maiores de 16 anos, con interese na cultura e na lingua de Galicia.
Con entrega de Diploma acreditativo.
Se queres achegarte ao noso patrimonio lingüístico e cultural dunha maneira accesible e amena, esta é a túa oportunidade.
Inscricións abertas ata o 31 de outubro.
Entregar o formulario adjunto debidamente cubierto nas oficinas municipais do concello ou na sede electrónica do Concello de Barbadás.
Curso promovido pola Rede de Dinamización Lingüística- Xunta de Galicia.
O Concello pon en marcha neste mes de outubro, a través das concellerías de Cultura e Participación Veciñal, as actividades de Ximnasia de mantemento, Manualidades, Pintura e Teatro, que se desenvolverán en distintas localidades do municipio.
Estas actividades están pensadas para fomentar o benestar, a creatividade e a participación veciñal, e están dirixidas a persoas de todas as idades.
Consulta os horarios e lugares nas imaxes que se achegan a esta publicación.
Anímate a participar e goza dunha programación variada e enriquecedora preto da túa casa!
A Semana Europea da Mobilidade organízase para promover o uso de formas de transporte sostibles, como a bicicleta, o transporte público e os desprazamentos a pé, co fin de mellorar a calidade de vida nas cidades, reducir a contaminación, aumentar a seguridade viaria e fomentar hábitos máis saudables na cidadanía.
Con estes motivos, o Concello de Barbadás organiza diferentes actividades:
Martes, día 16 de setembro: Circuíto viario no CEIP O Ruxidoiro.
Mércores, día 17 de setembro: Circuíto viario no CEIP Filomena Dato.
Xoves, día 18 de setembro: Circuíto viario no Paseo dos Amieiros ( dende as 17: 30 horas).
Venres, día 19 de setembro: Contacontos para os/as alumnos/as de 5º de infantil dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro no Auditorio Municipal Manuel María.
Domingo, día 21 de setembro: Carreira Popular. Categorías: biberones,escolar e adultos Inscricións en Sportamanics.
Transporte urbano na tarde do domingo, gratuíto.
Luns, día 22 de setembro: Paseo familiar en bicicleta.Ás 17:00h saída dende o CEIP Filomema Dato con parada para merendar ( trae a teu bocata).
2025-2026 – Novo curso na Escola Infantil de Barbadás
Comezo do curso, 3 de setembro
Na Escola Infantil Municipal de Barbadás contamos cun total de 102 prazas repartidas en 7 unidades educativas dirixidas a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Sabemos que os primeiros anos de vida son decisivos no desenvolvemento integral dos máis pequenos. Por iso, na nosa escola damos moita importancia á relación entre as familias e o centro. Para facilitar esta comunicación, poñemos á vosa disposición diversos recursos como axendas escolares, unha aplicación móbil e sesións de titoría personalizadas. A participación activa e continua de ambas partes é clave para acadar os mellores resultados.
A chegada á escola é un momento de cambio importante para os nenos e nenas, xa que implica afastarse temporalmente do fogar e das figuras de apego. Nestes primeiros días, a actitude positiva das familias será fundamental. Transmitir confianza e ilusión pola nova etapa axuda a que o proceso sexa máis doado. Aquí van algúns consellos útiles:
– Preparar a mochila en compañía do voso fillo ou filla. – Afrontar o momento da despedida con tranquilidade. – Falar da escola con alegría, destacando as experiencias novas e ás persoas que coñecerán.
Convén lembrar que o período de adaptación é diferente para cada neno e nena. Non hai prazos marcados, xa que cada un ten o seu ritmo e as súas necesidades. Na nosa Escola Infantil, traballamos con sensibilidade e dedicación para facer desta etapa unha experiencia o máis agradable e segura posible, respectando sempre as particularidades de cada alumno/a.
O martes, 2 de setembro, teremos unha reunión con motivo do inicio do curso, á que pregamos a asistencia dos pais/nais/titores:
9:30 h ____ 2-3 anos
10:30 h ___ 1-2 anos
11:30 h ___ 0-1 anos
O curso 2025-2026 está a piques de comezar, e como cada ano, estamos ilusionados por acompañarvos nesta nova e fermosa aventura!
Listados BOS DÍAS COLE e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES – CURSO 2025/2026
Os listados definitivos do servizo Bos Días Cole, publicanse o día 31 de xullo, ata esa data os listados provisionais poden sufrir modificacións ao abrirse o periodo de alegacións.
Os listados definitivos do servizo Actividades Extraescolares, publicanse o día 1 de agosto, ata esa data os listados provisionais poden sufrir modificacións ao abrirse o periodo de alegacións.
Publicación dos listados dos/as admitidos/as:
Os listados publicaranse na páxina web do Concello de Barbadás.
VIII Barbadás a bocados – Aberta a inscrición para establecementos hostaleiros
Prazo de solicitudes do 21 de xullo ata o 31 de xullo de 2025
Un ano máis a Concellería de Comercio, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, organiza o Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados”, que este ano celebrará a súa VIII edición durante os días venres 12 e sábado 13 de setembro de 2025.
Os negocios de hostalería interesados en participar, deberán presentar as súas solicitudes dende o 21 de xullo ata o 31 de xullo de 2025 ambos incluídos.
A ficha de inscrición, cuxo modelo achégase a esta publicación, poderán presentarse por calquera dos seguintes medios:
nos rexistros da Casa Concello (Rúa Cimadevila, 1. Barbadás) ou Oficinas Municipais de A Valenzá ( Rúa do Viso número 2, baixo)
ou por sede electrónica https://barbadas.sedelectronica.gal
Se o establecemento desexa contar con cartelería persoalizada poderá enviar unha foto do seu petisco ao enderezo electrónico cet@barbadas.es, co 8 de agosto, como data límite.
PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO EVENTO:
O VIII Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados” e os establecementos participantes, serán publicitados:
nas diferentes redes sociais do Concello de Barbadás,
en folletos impresos que se repartirán nos distintos establecementos,
prensa,
páxina web do Concello de Barbadás
e outros medios de difusión que se consideren acaídos.
MATERIAL PROMOCIONAL – A organización entregará a cada establecemento cartelería,
folletos, furnas e cupóns de votación para o público.
Durante o desenvolvemento do concurso, os establecementos inscritos disporán dun elemento identificador que sexa visible a modo de distintivo, como participante no concurso.
Dende a Concellería de Comercio, invítase, a todos os establecementos hostaleiros do Concello de Barbadás, a participar no VIII Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados”, un evento que contribúe á promoción e divulgación da hostalería e mesmo do tecido comercial asentado no noso municipio.
Obras realizadas polos participantes no curso de pintura.
A sala de exposicións da Casa de Cultura Manuel María, recibe as obras artísticas realizadas polas alumnas e alumnos da Aula de Pintura do recente curso 2024/2025, que se poderán visitar hoxe martes, 17 de xuño, dende a súa inauguración, ás 19:00 h.
“Barbadás Concilia Verán” 2025 trátase dun programa de conciliación con actividades que terán lugar nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas da mañá, organizado polo Concello de Barbadás.
Quendas: Todos as opcións ofértanse para cada unha das quincenas:
1ª quincena xullo (1 a 15 de xullo)
2ª quincena de xullo (16 a 31 de xullo, agás o día 25 por ser festivo autonómico)
1ª quincena agosto ( 1 a 14 de agosto)
2ª quincena de agosto (18 a 29 de agosto)
Os listados publícanse identificando o número de rexistro da solicitude.
Listados provisionais publicados o 12 de maio.
PAGAMENTO
Para confirmar a praza adxudicada no listado provisional deberá realizarse o pago da mesma.
– O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a e quenda.
O pagamento deberá realizarse do 13 ao 16 de maio mediante ingreso ou transferencia bancaria o número de conta / IBAN: ABANCA (A VALENZÁ): ES21 2080 5342 5431 1000 9242
*Indicando como concepto “Barbadás Concilia”, o nome e apelidos do menor e o número de rexistro da solicitude.
Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo que se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.
Listado definitivo publicarase o día 26 de maio.
ORGANIZA
Concello de Barbadás
Concellería de Educación.
Correo electrónico: educacion@barbadas.es
O VENRES, 30 DE MAIO, ESTABLECEMENTOS DO COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS PERMANECERÁN ABERTOS ATA AS 23:00H NA CELEBRACIÓN DA “NOITE MOUCHA”
Establecementos comerciais de A Valenzá permanecerán abertos ata as 23:00 h , con motivo da NOITE MOUCHA, ofrecendo ao público, promocións especiais, animación e sorpresas.
Ademáis, por cada compra superior a 10 €, palomitas gratis!!!
Ás 23:00 h haberá sorteo de bonos regalo de 40€ cada un para gastar entre os comercios participantes.
ESTABLECEMENTOS
Os establecementos que participan na Noite Moucha 2025 abren as súas portas para compartir co seu público descontos especiais e agasallos por compras, son …
COMERCIO
PROMOCIÓN
CALZADOS ZOCOS
-20% de descuento -Zona outlet -Mesa doce e salgada
DONICELA
– 30% de desconto todo o día
ELMA
-Descontos do 20% ata o 70%
EMY NAILS
-Esmaltado semipermanente un tono 10€
GAIA CONTIGO
-10% de desconto
IDUNNA
-20% desconto en hixiene facial durante todo o día
LA CIGÜEÑA
-Zona outlet ata 70 % de desconto e resto da tenda 20%
-Mesa doce
LIBRERÍA A VALENZÁ
-10% de desconto en papelería -5% de desconto en libros -Mochilas desde 20 €
MVT GALICIA
5 estacións de baile polas rúas da Valenzá, onde cada un dos grupos de nenos/as bailarán as distintas coreografías que teñen preparadas rotando polas distintas estacións e
animando ao vecindario
-Percorrido desde a Rúa Areal ata o supermercado Froiz
NOVO ERA ELECTRODOMÉSTICOS
-Do 10% ao 20% de desconto en produtos seleccionados
OHANA BABY & DECO
-Descontos ata o 30% excepto produto de continuidade -Mesa doce
TWINS
–Descontos do 20% ata o 70%
TWINS MEN
–Descontos do 20% ata o 70%
O evento, Noite Moucha, é unha iniciativa da Concellería de Comercio do Concello de Barbadás, para promoción do tecido comercial local.
Vémonos na celebración do comercio local, NOITE MOUCHA’2025 !!
“PICNIC”, pola Aula de Teatro de Adultos Barbadás 2025
Venres, 30 de maio ás 20:00 h, na Casa da Cultura Manuel María
A AULA DE TEATRO ADULTOS BARBADÁS 2025 presenta:
“PIC NIC” (Traducción e versión adaptada da obra de F. Arrabal)
SINÓPSIS:
A peza é unha versión adaptada sobre a obra de Fernando Arrabal que a escribiu en 1947 como un claro alegato contra a guerra.
A obra, de xénero absurdo, conta a aventura de unha nai que visita ao seu fillo no campo de batalla, acompañada da tía, coa intención de vivir un día de picnic na trincheira. Alí aparecerá un soldado inimigo co que compartirán a merenda agradablemente, descubrindo que ningunha das dúas partes quere máis guerra.
Participan:
CELTIA CAMPO
DANIELLA CARBALLO
BEATRIZ PÉREZ
Mª ELISA DEL RÍO
PAULA MANIEGA
CARLOS ALONSO
“O MUNDO Ó REVÉS”, pola Aula de Teatro Infantil Barbadás 2025
Mércores, 28 de maio ás 19:00 na Casa da Cultura Manuel María
A Aula de Teatro Infantil 2025 presenta a obra “O MUNDO Ó REVÉS”.
Sinopse:
O pequeno lobiño sae da súa casa nun descuido da nai. Na súa aventura atópase con outros personaxes e vai aprendendo da experiencia. Cando pasa polo pobo dos humanos cáelle pintura dourada enriba e case todos pensan que é de ouro. O pobriño está tan asustado que non atina nin a decir o seu nome. O conto o revés segue a súa historia da man das contadoras de contos.
Senten, escoiten, imaxinen, e logo aplaudan un montón.
Reparto:
Lobiño pardo …………………..GAEL ESPASANDÍN
Lobiño dourado ……………….SOPHIE JULIETTE GUZMÁN
As ovelliñas abusonas
MIGUEL ÁLVAREZ, MARCO SÁNCHEZ e ZOE BEIROA
As piratas boas
MIA SAMPEDRO e YAIZA MOURELO
O príncipe malo ……………… DANIEL FERNÁNDEZ
A meiga fermosa …………….. THAIS ALVES
A osa salerosa ……………….. NOA SAMPEDRO
O monito saltarín …………… GAEL PEÑA
O zorriño listo ……………… ALICIA CANEIRO
As contadoras do conto ……..DANIELLA CARBALLO e CELTIA CAMPO
Coordinación, montaxe e dirección: Francisca Abeledo
MÉRCORES 28 DE MAIO ÁS 19H.
NA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA (A Valenzá-BARBADÁS)
LISTA DEFINITIVAS da Escola Infantil Muncipal para o curso 2025-2026
Impreso de formalización de MATRÍCULA,que se deberá presentar por Rexistro ou por sede electrónica. Prazo do 20 ao 30 de maio de 2025 (ambos incluidos)
Un obradoiro infantil construirá un maio artístico
Sábado, 26 de abril, en horario de 16:00 a 19:00 h., no Museo da Gaita de Fole (Barbadás)
O Museo da Gaita de Fole acollerá un obradoiro para construír un maio artístico.
A actividade organizada pola Concellería de Turismo, terá lugar o vindeiro sábado, 26 de abril, en horario de 16:00 a 19:00 h.
Está dirixida a público infantil de 5 a 12 anos, que participará na construción dun maio artístico, cunha dobre finalidade:
Por unha banda, o traballo de creatividade e manualidade con elementos naturais;
e por outro lado, aprender sobre a tradición dos MAIOS, ben arraigada en Galicia e especialmente en Ourense, que, con estas figuras dá a benvida á primavera .
A inscrición previa poderase realizar enviando un correo ao enderezo electrónico museodagaita@barbadas.gal ou no teléfono 988360413.
Con motivo da conmemoración do DÍA DO LIBRO, que se celebra internacionalmente o cada 23 de abril, teremos en Barbadás, durante a semana do 21 ao 27 de abril, unha completa axenda de actividades culturais coa literatura como protagonista.
Día 21: Contacontos na Biblioteca Municipal ás 10:30 h, dirixido aos nenos e nenas de 3 a 6 anos participantes no Campamento Barbadás Concilia Semana Santa.
(En caso de inclemencia meteorolóxica este contacontos terá lugar no Espazo Infantil de A Solaina).
Día 22: Contacontos na Librería Espa ás 18:30 h
Contacontos na Librería Valenzá ás 19:15 h
Día 23 (Día Internacional do Libro): Xogos na Biblioteca Municipal para alumnado da Escola Infantil ás 10:30 h
Contacontos na Librería Moraima ás 18:30 h
Contacontos na Librería Carlin ás 19:15 h
Día 24: Obradoiro de collage sobre Carmen Martín Gaite na Biblioteca Municipal ás 17:30 h
Día 26: Representación de “Castelao. Un corazón á intemperie”, da compañía Fantoches Baj, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel María.
Acompáñanos na celebración da maxia dos libros e na paixón pola lectura!
A Biblioteca Municipal de Barbadás continúa desenrolando diversos e divertidos obradoiros.
O próximo será o xoves, 27 de marzo, e leva por título “OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA”
Consistirá nunha sesión lúdica de xogos de mesa que permitan, dunha forma distendida, aprender sobre a Biblioteca e a Cultura.
Para inscribirse é necesario mandar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@barbadas.es, indicando nome do neno/a, idade, e un número de teléfono de contacto, por se houbera algunha incidencia que trasladar ao pai/nai/titor/a.
Día: xoves, 27 de marzo de 2025
Hora: 17:30 h
Lugar: Biblioteca Municipal. Casa de Cultura Manuel María
Idades: De 6 a 9 anos
Prazas limitadas.
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Barbadás
O 24 de marzo abre o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás
O prazo estará habilitado ata o 11 de abril de 2025
Dende o día 24 de marzo ao 11 de abril, estará habilitada a recepción de solicitudes de matrículas novas para o curso 2025-2026 para a Escola Infantil Municipal de Barbadás.
A achega do impreso de solicitude, poderá facerse nas oficinas municipais ou a través da Sede Electrónica.
A agrupación teatral Silvardeiras de Allariz achégase este venres, día 14 de marzo, á Casa de Cultura do noso concello para presentar a súa versión da obra de Castelao, “Os vellos non deben de namorarse”, unha peza senlleira da cultura galega.
Lugar: Casa da Cultura Manuel María Data: 14 de marzo Hora: 20:30 h Acceso con invitación. Recoller previamente na Casa da Cultura
Con motivo das efemérides do Día Mundial do Teatro Infantil (20 de marzo) e do Día Mundial do Teatro (27 de marzo) , o día 19 de marzo, ás 19:00 h teremos en Barbadás a representación “AQUÍ HAI TEATRO”, da man dos alumnos e alumnas da Aula de Teatro e o seu profesor e director, Paki Abeledo.
Día: Mércores, 19 de Marzo
Hora: 19h.
Lugar: Casa da Cultura Manuel María
Prazas limitadas. Retirar invitación con antelación na Casa da Cultura
Participa e Concursa no Desfile de Entroido 2025 de Barbadás
Inscricións ata o día 3 de marzo de 2025 ata ás 12:00 h. da mañá.
O Concello de Barbadás, co obxecto de fomentar, conservar, promocionar e ensalzar o tradicional Entroido, organiza e convoca o concurso do desfile de Entroido 2025, que se celebrará o martes, 4 de marzo.
Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos. Ler bases.
Categorías
Establecense as seguintes categorías:
Carrozas: mínimo 10 persoas (a mayoría dos integrantes teñen que ir subidos na carroza durante todo o percorrido).
Comparsas: mínimo 10 persoas (que tamén pode ir acompañada de vehículo ou elemento artístico, que será valorado polo xurado).
Parellas/Tríos
Individuais
Premios
Establécense os seguintes premios por categorías:
Carrozas: 1º premio 1.000 €, 2º Premio 750 €, 3º Premio 550 €, 4º Premio 300 €.
Comparsas: 1º premio 1.000 €, 2º Premio 750 €, 3º Premio 550 €, 4º Premio 300 €.
Parellas/Tríos: 1º Premio 300 €, 2º Premio 150 €, 3º Premio 100 €.
Individuais: 1º Premio 200 €.
Axudas a asociacións
As asociacións que participen no Desfile do Martes de Entroido 2025 compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas, a data 31/12/2024, no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás, recibirán unha axuda de 300 €, ata completar a dispoñibilidade da partida orzamentaria destinada para esta finalidade, a adxudicación da axuda será establecida por riguroso orde de solicitude de inscrición.
Participa no desfile de Barbadás. Vive o Entroido de Barbadás!!
Prazo do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h.
CONTENT.1762510796
10/02/2025
III Mascaradas Ancestrais de Barbadás
Sábado, 15 de febreiro, dende as 16:30 h. Saída: Casa do Concello - Barbadás
Unha nova edición das Mascaradas Ancestrais, este ano coa Pita de Eiroás, como destacada.
Haberá desfile das máscaras dende a Casa do Concello coas batucadas Os Trebóns e Vilatuke.
Chegaremos ao Museo da Gaita onde actuarán As ferreñas no lusco fusco e Os Rampeiros.
🗓 Sábado, 15 de febreiro
🕠 16:30h.
📍Casa do Concello-Museo da Gaita
Organiza: Concellería de Turismo
Sábado, 8 de febreiro de 16:00 h a 19:00 h, no Museo da Gaita de Barbadás
A Concellería de Turismo do Concello de Barbadás, organiza un obradoiro infantil para elaborar a máscara da Pita e os ovos, con motivo do Entroido deste ano, 2025.
Participa no Concurso de MECOS do Entroido 2025 de Barbadás
Inscrición, ata o día 14 de febreiro ás 12:00. Votación do 14 ao 24 de febreiro de 2025
Con motivo da celebración do Entroido 2025 a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás convoca o concurso de Mecos de Entroido 2025, coa finalidade amosar os mecos que realizan os/as veciños/as, como unha das expresións máis tradicionais.
Poderán participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos.
A inscrición realizarase a través deste formulario en liña.
Na inscrición será preciso achegar unha foto do meco (unha única imaxe por inscrición). O meco deberá estar exposto nun punto xeográfico dentro do concello.
Votación popular telemática
Habilítase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente ao seu meco favorito, entre os días 14 de febreiro ao 24 de febreiro de 2025.
Concurso para a elección do cartel do ENTROIDO 2025
Prazo de presentación ata o día 7 de febreiro de 2025
Con motivo da celebración do Entroido 2025 a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás convoca un concurso de carteis, para seleccionar entre os traballos que participen o cartel do Entroido Barbadás 2025, mediante convocatoria por concorrencia competitiva.
Requisitos dos traballos
O formato único será vertical con tamaño 50×70 (non servirán formatos proporcionais).
Presentaran sobre un bastidor ríxido. Non existirán limites de tintas nin técnicas. A obra
deberá ser presentada en sistemas informáticos, achegarán ademais da reprodución a cor que reúna os requisitos sinalados, e correspondente soporte magneto/óptico con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos xunto coas fontes utilizadas, e nos seu caso, os orixinais das imaxes utilizadas.
O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar en Pantone as cores utilizadas.
As obras levarán como único texto Entroido Barbadás 2025. (Non poderán levar sinatura nin pseudónimos)
O tema será de libre elección e interpretación do/da autor/a, debendo reflexar o sentimento do entroido de Barbadás en todas as súas facetas.
Os traballos presentados terán como única identificación un lema, o incumprimento desta norma será motivo de descalificación.
Valorarase en positivo que os deseños que se presenten a este concurso non conteñan
ferramentas de IA
Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia e ata o día 7 de febreiro de 2025.
Entrega de obras
As obras entregaranse no Concello de Barbadás, rúa Cimadevila nº1 32890 Barbadás; ou nas oficinas municipais, rúa do Viso nº2, 32002 A Valenzá – Barbadás.
No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día.
Premio
O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e unha dotación económica de 500 euros.
O cartel premiado será propiedade do Concello de Barbadás. Dita propiedade inclúe todos os dereitos correspondente á súa reprodución, difusión e no seu caso transmisión. O Concello de Barbadás resérvase todos os dereitos de propiedade material e uso do cartel e dos distintos elementos que o conformen, xuntos ou por separado así como a súa manipulación e adaptación para adecualo nos diferentes soportes publicitarios.
Le en galego e leva de agasallo “COUSAS” de Castelao
Unidades limitadas. Promoción ata fin de existencias.
A Biblioteca Municipal de Barbadás vén de poñer en marcha unha campaña de promoción da lectura en galego.
Polo préstamo de libro en lingua galega recibirás o agasallo dun exemplar de COUSAS de Castelao, edición especial “Os quinquilláns”.
Unha adaptación para a escena, pensada para públicos novos, dun dos textos clásicos da literatura galega contemporánea. As estampas de Castelao, combinación maxistral de relato e ilustración, serven de base para un espectáculo teatral distinto.
Unidades limitadas. Promoción ata fin de existencias.
Charla informativa sobre Agresións sexuais e violencia sexual
Venres, 24 xaneiro 2025 ás 19:00 h nas instalacións Municipais Parque da Solaina
María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade, achégase ao noso concello para impartir unha charla informativa sobre AGRESIÓNS SEXUAIS E VIOLENCIA SEXUAL, na que se tratarán:
os estereotipos de xénero
a tipoloxía de violencia sexual
cultura da violencia
consentimento
e recursos relacionados coa violencia sexual.
Esta actividade entra nas accións que dende a Secretaría Xeral de Igualdade se programan en colaboración coa FEGAMP dentro da rede de entidades locais contra a violencia de xénero, na que se inclúe o noso concello
DÍA: Venres, 24 xaneiro 2025 ás 19:00 h
LUGAR: Instalacións Municipais Parque de a Solaina
Inscricións ata o 12 de decembro de 2023 antes das 14:00 h
CONTENT.1762510796
18/12/2024
O Apalpador deixa as montañas para visitar Barbadás
O APALPADOR DESPRAZARASE A BARBADÁS, UNHA DAS PARADAS NA SÚA RUTA POR GALICIA
O Apalpador estará o vindeiro 27 de decembro en Barbadás para que os/as nenos e nenas poidan transmitirlle as súas peticións e poidan coñecelo.
Recibirémolo no poboado de Nadal, a carón da glorieta da Familia ás 18,00 h. e despois continuará o seu percorrido pola Avenida de Celanova, acompañado de música tradicional.
O día 23 de decembro, a partir das 18:00 h, nun percorrido cheo de ilusión.
A maxia do Nadal aproxímase e con ela, unha visita especial que nos emocionará: Papá Noel.
Papá Noel achegarase a Barbadás, o día 23 de decembro, nun percorrido cheo de alegría e sorrisos, levando ilusión ao seu paso.
Ten a túa carta lista para entregar a Papá Noel ou deposítaa nos buzóns habilitados na Avenida de Celanova 82, e comparte os teus desexos do Nadal con el!
Vota do 16 de decembro as 08:00h ata o domingo 22 de decembro ás 22:00 h
Comerciantes e hostaleiros do Concello de Barbadás, queren contribuir a crear ambiente de Nadal coa decoración dos seus establecementos.
Podes votar, desde o luns 16 de decembro as 08:00h ata o domingo 22 de decembro as 22:00h., á creatividade que máis che guste, no formulario telemático habilitado para tal fin, publicado:
Prazo do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h.
CONTENT.1762510796
13/12/2024
Resolución Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal ano 2024
Categoría alumnos/as de 1º a 3º de primaria:
1º clasificada: Enma Rey Pereiro.
2º clasificada: Emma Vázquez Arce.
Categoría alumnos/as de 4º a 6º de primaria:
1º clasificada: Noa Moreno Sánchez.
2º clasificada: Paula González Seguera.
As premiadas serán recibidas por Papá Noel, que lles entregará un agasallo, dentro dos actos de celebración das festas de nadal do Concello de Barbadás.
13.decembro.2024 ás 19 h na Casa da Cultura Manuel María
Molto Barroco é, primeiro de nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de gozar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.
“Con motivo do baile de petición de man á súa prometida, o Rey encárgalle ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares…”
Data: 13.decembro.2024
Hora: 19 h
Sala Casa da Cultura Manuel María
Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas
Dirección: Fran Rei
Duración: 70 min
Público: Familiar
Tipo espectáculo: Familiar
O Nadal achega a Barbadás un amplo programa de actividades culturais e de lecer
O Nadal xa está aquí e en Barbadás estamos listos para celebrala xuntos!
Este ano, preparamos un programa cheo de eventos e sorpresas para gozar en familia e con amigos. Desde o alumeado da árbore ata concertos, encontros deportivos, visita das personaxes máis populares destas datas, actividades para os máis pequenos, ….. temos algo para todos.
Obras realizadas polos alumnos e alumnas do curso de pintura.
A sala de exposicións da Casa de Cultura Manuel María, recibe as obras artísticas realizadas polas alumnas e alumnos da Aula de Pintura do pasado curso 2023/2024, que se poderán visitar dende o vindeiro venres, 8 de novembro, día da inauguración.
Uns traballos que amosan unha gran creatividade e técnica.
Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Culturais do Concello de Barbadás
Prazo de presentación, 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.
O Concello de Barbadás habilita a convocatoria 2024, de subvencións municipais dirixidas ao apoio e promoción da Cultura en todas as súas facetas, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, non discriminación e igualdade, para a realización de actividades que contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños e veciñas do Concello, a realización de actividades culturais que complementen as atribuídas á competencia municipal e, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses culturais peculiares do municipio.
PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo improrrogable de presentación será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes segundo o modelo de instancia normalizado aprobado, subscritas polo representante legal da entidade interesada, irán dirixidas á Concello de Barbadás, segundo establece o artigo 14 da lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e mediante a súa presentación no rexistro xeral do Concello ou través de calquera outro medio dos previstos no artigo 16 da mesma lei.
Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Veciñais do Concello de Barbadás
Presentación de solicitudes: 20 días naturais, a contar desde o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
O Concello de Barbadás habilita a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas económicas ás asociacións veciñais, constituídas como tales, e co ámbito de actuación no Concello de Barbadás, para o desenrolo de actividades e programas de interese xeral durante o exercicio 2024.
A finalidade das presentes subvencións é o fomento do movemento asociativo do Concello.
Para os efectos desta convocatoria, considéranse subvencionables os gastos necesarios para o desenrolo de actividades de interese xeral para os cidadáns que se sinalan no epígrafe 5 das bases.
SOLICITUDES
A solicitude da subvención, xunto con toda a documentación necesaria, presentarase, obrigatoriamente, na sede electrónica do Concello de Barbadáshttps://barbadas.sedelectronica.gal , no prazo de 20 días naturais contado a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
PRAZO
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será de 20 días naturais, a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Prazo do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h.
CONTENT.1762510796
26/08/2024
2024-2025 – Novo curso na Escola Infantil de Barbadás
Comezo o 3 de setembro
A nosa Escola Infantil Municipal conta cun total de 102 prazas, distribuídas en 7 unidades para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Sabemos que os primeiros anos de vida son fundamentais para o desenvolvemento dos nosos pequenos e pequenas. Por iso, valoramos enormemente a comunicación entre a familia e a escola. Para facilitar esta conexión, ofrecemos diversas ferramentas e recursos, como axendas escolares, unha aplicación móbil e titorías. A colaboración e a implicación diaria de ambas as partes son esenciais para alcanzar os nosos obxectivos.
Os primeiros días na escola representan un cambio significativo para os nenos e as nenas, xa que implica separarse, aínda que sexa por unhas horas, da contorna familiar onde senten seguros. Nestes momentos, é crucial que a actitude da familia sexa positiva. É importante transmitirlles a ilusión de comezar esta nova etapa. Algunhas rutinas que poden axudar son:
– Preparar xuntos a mochila.
– Manter a calma durante o momento da separación.
– Falar con entusiasmo sobre a escola e as marabillosas profesionais que coñecerán.
É fundamental lembrar que a adaptación non ten un tempo fixo; cada neno e cada nena é único e o seu proceso dependerá das súas circunstancias individuais. Na nosa Escola Infantil, comprometémonos a facer que este período de adaptación sexa o máis sinxelo e agradable posible, axustándonos ás características de cada alumno/a.
En breve, iniciaremos o novo curso 2024-2025.
Estamos aquí para acompañarlles nesta fermosa viaxe!
Lista de admitidos e excluidos Escola Infantil Municipal para curso 2024-2025
CONTENT.1762510796
27/08/2024
VII Edición do Concurso de Pinchos “BARBADÁS A BOCADOS”
Os días 13 e 14 de setembro de 2024
Presentamos unha nova edición do Concurso de Petiscos “Barbadás a bocados”, organizada pola Concellería de Comercio.
Unha experiencia gastronómica que se celebrará os días 13 e 14 de setembro, onde Barbadás encherase de sabor e creatividade co VII Concurso de Petiscos “Barbadás a Bocados”. Este evento contará coa participación de 14 establecementos hostaleiros, que nos deleitarán coas súas mellores creacións culinarias.
Durante estes dous días, teremos a oportunidade de degustar unha variedade de petiscos elaborados polas cociñas destes locais.
Ademais da degustación, levará a cabo un concurso no que un xurado valorará a calidade, presentación e orixinalidade de cada petisco. Pero iso non é todo: ti tamén poderás ser parte da decisión! Haberá unha votación popular para que os asistentes elixan o seu petisco favorito.
Non te perdas esta oportunidade de saborear o mellor da gastronomía de Barbadás, gozar de momentos de encontro con amigos e veciños, á vez que apoiamos aos nosos establecementos de hostalería.
Esperámosche para gozar xuntos dun festín de sabores!
ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS PARTICIPANTES
BAR O REGUEIRO Travesía principal de Piñor nº 69
Nome do Pincho: SALVAJE Ingredientes: tomate, cebola, pemento, allo, cenoria, aceite de oliva, arroz, sal, pementa negra, pementón e xabarín.
Método de Elaboración:
Contén sustancias alérxenas?: Pementa negra
Apto para celíacos?: SI
Prezo pincho: 2,50 €
PIZZERÍA ESTILO Avenida de Celanova 15 baixo.
Nome do Pincho: PINCHO EMILIANO Ingredientes: pan, mozarella, mortadela, pistachos
Método de elaboración:
Contén sustancias alérxenas?: SI (glute, lactosa, froitos secos)
Apto para celíacos?: NON
Prezo pincho: 2,50 €
A COVA DO SAVIO Avenida de Celanova número 20 baixo.
Nome do Pincho: NUESTROS ORÍGENES Ingredientes: Filloa, champiñóns, xamón york, crema de queixo, crocante
Método de elaboración:
Contén sustancias alérxenas?: SI (lactosa, glute)
É apto para celíacos?: Opcional: Versión con glute e versión sen glute
Prezo pincho: 2,50 €
NOVO ANGAZO Avenida de Celanova número 114.
Nome do Pincho: TACO BURGUER Ingredientes: Filloa de trigo, carne picada, queixo cheddar, guacamole, tomate e cebola.
Método de elaboración: Carne picada sobre filloa de trigo á prancha con queixo fundido e encima guacamole, tomate e cebola
Contén sustancias alérxenas?: SI (lactosa e glute)
É apto para celíacos?: NON
Prezo pincho: 2,50 €
O CHICOTE Avenida de Celanova número 60.
Nome do Pincho: PAELLA Ingredientes: arroz, marisco, polo, pemento, cebola.
Método de elaboración: Caseiro
Contén sustancias alérxenas?: SI ( marisco, polo, verduras)
É apto para celíacos?: SI
Prezo do pincho: 2,50 €
TAPERÍA TARONA Avenida de Celanova número 56 baixo
Nome do Pincho: TORPEDO LANGOSTINO Ingredientes: Lagostino, rebozado crocante, crema de limón
Método de elaboración: Freidora
Contén sustancias alérxenas?: SI ( glute, lactosa, ovo)
É apto para celíacos?: NON
Prezo do pincho: 2,50 €
A LO MARACUCHO Rúa Cotelma 3
Nome do Pincho: PINCHO MARACUCHO Ingredientes: Plátano macho, carne picada, tomate, cebola, cilantro
Método de elaboración: Artesanal
Contén sustancias alérxenas:
É apto para celíacos?: NON
Prezo do pincho: 2,50 €
CACHO PIZZA Avenida de Celanova número 41 baixo.
Nome do Pincho: FRUTTI DI MARE Ingredientes: crema iogur, mozzarella Fior di Latte, zamburiñas, gambas e mexillóns
Método de Elaboración: elaboración da masa de forma artesanal (masa lenta) con produtos do mar de primeira calidade
Contén sustancias alérxenas?: SI (glute, lactosa)
É apto para celíacos: NON
Prezo pincho: 2,50 €
ALENTO VILLAVIDAL Avenida de Celanova número 76.
Nome do Pincho: COOKIE FRAMBUESA Ingredientes: fariña, auga, manteiga, galletas, coco, chocolate, framboesas, fresas, marmelada de framboesa
Método de Elaboración: Montaxe de biscoito de pistacho con mousse de cava e marmelada de framboesa decorada con froitas naturais
Contén sustancias alérxenas?: SI (glute,froitos )
É apto para celíacos?: NON
Prezo pincho: 2,50 €
WAKANDA Rúa Cotelma número 1 baixo
Nome do Pincho: GEMA DEL INFINITO Ingredientes: pan transparente, polo mechado a la matriarcada
Método de Elaboración: cócese o pan, faise o polo coa salsa e emprátase
Contén sustancias alérxenas:
É apto para celíacos?: SI
Prezo do pincho: 2,50 €
OREN EXPRESS Avenida de Celanova nº 68
Nome do Pincho: BURGUER PULL ROLL Ingredientes: Puled pork en pan de burguer multicolor, col morada con mayonesa, kimchi, cebolla crocante.
Contén sustancias alérxenas: glute, ameixas
Método de Elaboración: cabeza de lomo moi especiada e cociñada dúas horas a lume lento
É apto para celíacos?: NON
Prezo pincho: 2,50 €
CLARET´S FOOD Avenida de Celanova número 45
Nome do Pincho: ENCANTO CARIBEÑO Ingredientes: carne mechada, arroz branco, plátano macho, feixóns negros, queixo
Método de Elaboración: arroz cocido, feixóns cocidos, carne en salsa, plátano frito, queixo relado
Contén sustancias alérxenas?: (lactosa)
É apto para celíacos?: SI
Prezo pincho: 2,50 €
BAR A NOVA FAROLA Enderezo: Rúa Areal número 3
Nome do Pincho: A RICHADIÑA DO CRIS Ingredientes: tenreira, cebola e pataca
Método de elaboración:
Contén sustancias alérxenas?:
É apto para celíacos?: SI
Prezo do pincho: 2,50 €
TAPERÍA ALECRIN Enderezo: Avenida de Celanova nº 52
Nome do Pincho: ALECRIN Ingredientes: pan, cogomelos, solombo de porco, queixo de Arzúa
Método de Elaboración: tosta de pan, cogomelos á prancha, solombo á prancha e queixo de Arzúa derretido por riba
Contén sustancias alérxenas?:
É apto para celíacos: NON
Prezo do pincho: 2,50 €
Hoxe, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, xunto á concelleira de Cultura, Ana Belén Peleteiro, e o concelleiro de Disciplina Medio Ambiental, Daniel Rey, realizaron unha visita ás escavacións do Castro de Trelle. Esta actividade levouse a cabo en compañía de representantes das Mancomunidades de Montes de Moreiras-Trelle e Loiro-Bentraces-Sobrado do Bispo, así como da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén e a Asociación Cultural Porta da Cadea de Barbadás.
Durante a visita, os arqueólogos a cargo do proxecto, compartiron cos asistentes os avances e achados realizados ata a data. Este traballo non só contribúe á preservación do noso patrimonio histórico, senón que tamén enriquece a nosa comprensión da cultura e a historia da rexión.
Agradecemos a todos os presentes o seu interese e compromiso coa conservación do noso patrimonio. Seguiremos informando sobre os progresos desta importante escavación e os descubrimentos que se realicen no futuro.
Estean atentos ás nosas redes é ás asociacións vinculadas neste proxecto, onde se publicarán as novidades que se vaian producindo!
Ampliación de información sobre as tarifas da área de Deportes
Tempada 2024-2025
Queremos tomar un momento para informar sobre a recente actualización das nosas tarifas da Área de Deportes e a importancia desta decisión. Sabemos que algún/algunha de vostedes expresaron a súa preocupación polo aumento de prezos, e queremos asegurarlles que esta decisión non se tomou á lixeira.
Antes de implementar calquera cambio, realizamos un exhaustivo estudo económico e comparativo con outras escolas e instalacións deportivas de características similares. O noso obxectivo foi garantir que as nosas tarifas non só reflictan a calidade dos servizos que ofrecemos, senón que tamén se manteñan competitivas.
A través desta análise, puidemos observar que, aínda que axustamos os nosos prezos, seguimos estando en liña coas tarifas doutras institucións que ofrecen programas e servizos comparables. Este axuste permitiranos continuar brindando a mellor experiencia posible aos nosos usuarios, mellorando as nosas instalacións, contratando a adestradores/as altamente capacitados e ofrecendo unha variedade de actividades que fomenten o desenvolvemento deportivo e persoal de cada un dos nosos alumnos e alumnas.
Agradecemos sinceramente a súa comprensión e apoio mentres traballamos para manter a excelencia na nosa escola e no polideportivo municipal. Estamos comprometidos e comprometidas a seguir escoitando as súas inquedanzas e a traballar na mellora contínua dos nosos servizos.
Achegamos máis detalle sobre o estudo comparativo das tarifas doutros municipios.
(Fontes da información: Servizos deportivos dos concellos de Barco de Valdeorras, A Rúa, Verín, Celanova, Xinzo de Limia, Maceda, Pavillón Ourense).
Espectáculo infantil de María Faltri Picadiscos, en San Lourenzo de Piñor
7 de agosto, 20:30 h, no Campo de Roma - Piñor
María Faltri, tamén vocalista da Banda dos Abrazos de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil.
Durante o seu espectáculo María brindaralle aos pequenos e pequenas unha selección da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar.
Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.
Un espectáculo cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega.
* Mércores, 7 de agosto de 2024
* 20:30h
* Campo de Roma (San Lorenzo de Piñor)
Programa FALAREDES de Dinamización Lingüística (Xunta de Galicia)
“+CUÑADOS”, ciclo cine de verán en Sobrado do Bispo
12 de agosto ás 22:00 h, Parque Fidalguiño
Chega a Sobrado do Bispo o filme “+Cuñados”, unha comedia tronchante dirixida por Luis Avilés, cun reparto de actores galegos de luxo: Xosé A. Touriñañ, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández…..
A cita será no Parque Fidalguiño de Sobrado do Bispo, o 12 de agosto ás 22:00 h
Documentación a achegar para os/as matriculados/as no curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal
Co obxecto de cumplimentar o proceso de inscrición para o próximo curso escolar 2024-2025, solicitamos ás familias dos cativos e cativas matriculados, a achega dos formularios que se anexan a esta publicación.
Poderanse entregar
presencialmente, na Escola Infantil Municipal
ou mendiante correo electrónico a escolainfantil@barbadas.gal
Barbadás quere implicar aos grandes produtores da Valenzá na reciclaxe dos residuos orgánicos.
Do 24 ao 28 de xuño, visitas aos grandes produtores
No marco da campaña de implantación do colector marrón, dedicado á reciclaxe dos residuos orgánicos, o Concello de Barbadás levará a cabo unha serie de visitas aos grandes produtores da Valenzá do 24 ao 28 de xuño. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a correcta xestión dos residuos orgánicos e promover prácticas sostibles entre os negocios da zona.
Durante estas visitas, os grandes produtores (cafeterías, restaurantes, hoteis, entre outros), recibirán:
Asesoramento especializado sobre a reciclaxe de residuos orgánicos.
Un manual de reciclaxe con información detallada e consellos prácticos.
Un caldeiro para facilitar a xestión dos restos de comida.
Bolsas compostables indispensables para o uso correcto do colector marrón.
Unha chave de apertura dos colectores marróns da rúa, destinada a limitar o uso indebido dos mesmos.
O Concello de Barbadás está comprometido coa promoción de prácticas ecolóxicas e sostibles, e esta campaña é un paso importante cara a unha mellor xestión dos residuos orgánicos na Valenzá. Animamos a todos os grandes produtores a participar activamente nesta iniciativa para contribuír a un medio ambiente máis limpo e saudable para todos.
Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Máis información a través do teléfono 647 521 464 ou do correo residuos@barbadas.es.
Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza de Barbadás.
26 de xuño ás 19:00 h, no Centro Empresarial Transfronteirizo
O Centro Empresarial Transfronteirizo acollerá, o vindeiro día 26 de xuño, unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Terá lugar ás 19:00 horas. Finalizará coa entrega do material necesario (manual de compostaxe, composteiro e aireador) para levar a cabo a reciclaxe, en orixe, dos residuos orgánicos. É un evento aberto a toda a veciñanza de Barbadás que dispoña dun terreo cun mínimo de 50 m 2 no que instalar un composteiro.
O número de composteiros a repartir é limitado, polo que instamos a aquelas persoas que desexen recibir un, a inscribirse previamente a través da web https://barbadas.rsu.gal/, reservando así o material.
A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.
Esta campaña conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Máis información a través do teléfono 647 521 464 ou do correo
residuos@barbadas.es.
Actuacións dende o 26 de xuño ao 29 de agosto de 2024
O Concello de Barbadás, organizou unha decena de espectáculos de maxia, música, circo ou teatro, entre outras propostas nas que non só o público infantil será o protagonista, xa que pensouse en todos os sectores da poboación.
A programación estenderase do 26 de xuño ao 29de agosto e os actos comezarán ás 21.00 horas co seguinte calendario:
26 de xuño. Concerto da Banda Infantil de Música de Barbadás.
27 de xuño. Concerto da Banda de Música Cultural de Barbadás.
28 de xuño. Concerto do Grupo Guezos polo Día da Diversidade LGTBI.
4 de xullo. Compañía de circo Amontonados por Azar. Espectáculo “H2Olga”.
11 de xullo. Acústico de Carolina Rubirosa. Música de autora e versións escollidas moi persoais.
18 de xullo. Culturactiva. Espectáculo “Máis sabor”.
1 de agosto. Compañía de Circo Marta Iglesias. Espectáculo “Hoxe si”.
8 de agosto. Compañía Teatral Pedras de Cartón. Espectáculo “Quixote”.
22 de agosto. Maxia con Joshua Kennet. “Degustación de imposibles na rúa”.
Escola de Música Municipal de Barbadás – Matrícula curso 2024-2025
Do 1 ao 15 de xuño de 2024, ata as 14:00 h
A Escola de Música Municipal de Barbadás, abre o prazo de matrícula, do 1 ao 15 de xuño (ata as 14:00h), para solicitar a inscrición no vindeiro curso 2024-2025.
NOITE MOUCHA, celebrando co comercio local de Barbadás
Actividades de lecer entre as 18:00 h e as 23:00 h. Sorteo ás 22:00 h
O VENRES, 31 DE MAIO, ESTABLECEMENTOS DO COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS PERMANECERÁN ABERTOS ATA AS 23:00H NA CELEBRACIÓN DA “NOITE MOUCHA”
Un total de 16 establecementos permanecerán abertos ata as 23:00 h , con motivo da NOITE MOUCHA, ofrecendo ao público, promocións especiais, animación e sorpresas.
A rúa, principalmente a Avda. de Celanova de A Valenzá, será escenario de diversas actividades de lecer entre as 18:00 h e as 23:00 h:
XINCANA
INCHABLES
BAILE NA RÚA
MEDITACIÓN
GLOBOFLEXIA
PINTACARAS
ARTE PLÁSTICO
REALIDADE VIRTUAL
MESAS DOCES E SALGADAS
ESTABLECEMENTOS
Os establecementos que participan na Noite Moucha 2024 desexan compartir co seu público, distintas actividades, promocións, experiencias…
NOITE MOUCHA 2024
ESTABLECEMENTOS
ACTIVIDADES
1
FISIOREMOVE
-Experiencia gratuíta de exercicio fisioterapéutico de realidade virtual para persoas adultas e nen@s maiores de 8 anos
-Mesa doce e bebidas
2
TWINS
-Descontos ata o 70 %
3
TWINS-MEN
-Descontos ata o 70 %
4
ELMA
-Descontos ata o 70 %
5
LA CIGÜEÑA
-Descontos especiais
-Zona outlet
-Mesa doce
6
CALZADOS ZOCOS
-Descontos especiais
-Pinchos a partir das 20:00h
7
HERBOLARIO GAIA CONTIGO
-5% de desconto en todos os produtos
-Sesión de meditación guiada de 20:30 a 21:00h
8
BEL MODA E COMPLEMENTOS
-Descontos do 20% en toda a tenda
-Descontos especiais de ata o 40%
9
OHANA BABY
– Decoración/temática
– Mesa doce e bebidas
– Descontos na rúa
– Acceso a premios directos coas compras
10
OHANA DECO
– Decoración/temática
– Mesa doce e bebidas
– Descontos na rúa
– Aceso a premios directos coas compras
11
LIBRERÍA A VALENZÁ
-10% de desconto en toda a tenda excepto libros
-Selección de mochilas en Outlet (desde 25 €)
12
DONICELA
-Desconto durante todo o día do 30%
-Mesa doce
13
LIBRERÍA CARLIN
-Descontos ata o 50% en artigos seleccionados
-Mesa doce e salgada
14
MÁS QUE UN SUEÑO
-20% desconto en toda a tenda
-Sorteo de almorzo a domicilio para dúas persoas
-Mesa doce
15
MVT GALICIA
-4 estacións de baile polas rúas de A Valenzá, onde cada un dos grupos de nenos/as bailarán as distintas coreografías, rotando polas distintas estacións e animando á veciñanza
– 90 usuarios circularán e encherán as rúas de música e baile
-Comezará ás 20:00 cunha duración aproximada de 1 h.
16
ARTELANDIA OCIO CREATIVO
-Creatividade na rúa
-Photocall e venda de fotos Polaroid feitas no momento
-Venda de material en stock con un 50% de desconto
GRAN SORTEO DE AGASALLOS
Ás 22:00 h teremos un sorteo presencial, onde podes acadar fantásticos premios.
Para participar, só terás que ter a cartilla que te facilitarán os comerciantes, completa co selo de cada un dos os establecementos participantes na Noite Moucha 2024.
O evento, Noite Moucha, é unha iniciativa da Concellería de Comercio do Concello de Barbadás, para promoción do tecido comercial local.
Vémonos na celebración do comercio local, NOITE MOUCHA’2024 !!
Obra “Miles Gloriosus” de TEATRO MUXICAS da ONCE Ourense
Domingo, 2 de xuño de 2024 ás 19:30 h
O próximo domingo, 2 de xuño, ás 19:30h, teremos na Casa de Cultura Manuel María, a representación teatral a cargo do Grupo Teatro Muxicas da ONCE Ourense, que nos vai representar a obra: “Miles Gloriosus”
Sinopse:
Pirgopolinices é o novo Miles Gloriosus, o rexente da cidade durante os próximos catro anos. Non todo o mundo está dacordo e ninguén ten moi claro como chegou ao posto.
Palestrión, membro infiltrado e Periplectómeno, líder da oposición, coa axuda de toda unha equipa, intentarán conseguir papeis confidenciais que axuden a condenar as actitudes de Pirgopolinices. A través dun burato feito entre as paredes dos dous despachos, Filocomasia tentará que non a descubran mentres pasa dun lugar a outro coa información para conseguir o que buscan.
Baseada na trama de enredo de Plauto, teatro Muxicas, pretende traer a escena unha realidade cómica moi presente nos nosos días. Nunca a política dera tanto espectáculo.
Evento: Teatro.
Idade: Recomendado a partir dos 12 anos en adiante
Día: Domingo, 2 de xuño de 2024
Hora: 19:30 h
Lugar: Sala Casa da Cultura Manuel María – A Valenzá – Barbadás
Entrada con invitación que poderán recollerse na mesma Casa da Cultura
Luns, 27 de maio, ás 18:30 h, na Casa de Cultura Manuel María
O luns, 27 de maio, ás 18:30 h, teremos, na Casa de Cultura Manuel María de Barbadás, a presentación do libro “Soy un puzle”.
Será a propia autora, Gertru Revuelta, quen se encontre coas familias e os nenos e as nenas que queiran achegarse a descubrir a trama desta novela infantil e participar nas actividades lúdicas que se desenvolverán.
Teremos a posibilidade tamén, de coñecer a Irati, a protagonista desta historia, que con “case seis anos”, tras dúas semanas de clase e cando todo lle ía xenial, a profe Carmen puxo o seu mundo patas para arriba coa súa “tarefa de maiores”: construír unha creación artística na que expresar quen é.
III Foliada Letras Galegas no Concello de Barbadás
17 de maio de 2024. Parque dos Carrís (A Valenzá)
O Concello de Barbadás celebrará o venres 17 de maio a terceira edición da Foliada Letras Galegas este ano adicado á poeta e ensaísta Luisa Villalta.
A celebración, será no Parque dos Carrís, a carón do Polideportivo municipal. Estarán presentes varios postos de productos artesanais e haberá xogos e obradoiros lúdicos para os máis cativos.
A III Foliada contará coas actuacións da Banda Cultural de Barbadás, integrada polo alumnado da Escola Municipal de Música e con grupos como Lambisqueiras, Zoadeira e Cuncas de Son, que nos ofrecerán cantos e música tradicional.
Ás 14:30h, teremos un xantar popular, co menú de empanada, churrasco mixto con patacas fritas, criollo, ensalada, postre, bebidas, café e licores.
Prezo: 20 €.
Os comensais infantís poderán degustar o mesmo menú por un prezo de 10 €. Os tickets están á venda en FONVAL (Rúa do Ensino, 11 – A Valenzá).
E para o remate teremos a actuación da charanga BBB e unha gran queimada.
Con motivo do DÍA DO LIBRO, que se conmemora o 23 de abril, teremos en Barbadás, unha completa axenda de actividades literarias que terán lugar na semana do 22 ao 27 de abril:
Contacontos
Saída á biblioteca
Xogos
Presentación editorial
Acompáñanos na celebración e goza destas propostas culturais!!
A actriz Berta Ojea, presentará en Barbadás o libro “A única, María Casares”
Martes, 23 de abril de 2024, ás 19:30 h,, na Casa da Cultura Manuel María
O martes, 23 de abril de 2024, ás 19:30 h, teremos, na Casa de Cultura Manuel María, a presentación do libro “A ÚNICA, MARÍA CASARES”
Unha obra de ficción baseada na vida e experiencias de María Casares, recoñecida como a destacada actriz europea do século XX, nacida na Coruña o 21 de novembro de 1922. Enfocándose especialmente no seu exilio en Francia e a súa relación pouco convencional con Albert Camus, o seu amante durante 16 anos, quen a denominaba “a única”.
María Casares distinguiuse como unha muller de personalidade libre e intensa, valente e fascinante, unha apaixonada por natureza. O seu exilio, que abarcou a maior parte da súa vida, levouna a atopar nos escenarios a súa verdadeira patria, converténdose en actriz para adoptar múltiples identidades e desempeñar innumerables roles.
A novela, obra de Anne Plantagenet, coñecida polos seus traballos previos como a biografía de Marilyn Monroe e polas súas traducións ao francés de autores como Dolores Redondo, David Trueba ou Almudena Grandes, relata con fluidez a vida tanto dentro como fóra dos escenarios de María Casarès.
A presentación contará coa participación da actriz galega Berta Ojea, quen tivo o privilexio de coñecer a María Casares e ademais colabora como coeditora na edición en galego da obra coa editorial Kalandraka.
Recentemente galardoada co premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de repartición polo seu traballo na serie “Rapa”, Berta Ojea destacou na súa carreira artística tanto en cinema, con participacións en películas como “Mortadelo e Filemón” e “Ochocientas balas” de Álex de la Iglesia, así como en series de televisión como “La que se aveciña”, “La Reina del Sur” e “Hospital Central”, e no teatro con obras como “Las chicas del calendario” e “Esto no es Broadway”, entre outras.
Exemplares do libro “A ÚNICA, MARÍA CASARES” estarán dispoñibles para a venda, nos establecementos libreiros do noso concello: Librería Espa, Librería Carlin, Librería Valenzá e Librería Moraima. Estas librerías, con motivo do DÍA DO LIBRO, aplicarán un 10% de desconto nos títulos vendidos o propio día 23 de abril, ampliando esta promoción ata o día 24, para quen desexe mercar un exemplar de “A ÚNICA, MARÍA CASARES” .
O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás
O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.
Dende o día 1 ao 19 de abril, estará habilitada a recepción de solicitudes de matrículas novas para o curso 2024-2025 para a Escola Infantil Municipal de Barbadás.
A achega do impreso de solicitude, poderá facerse nas oficinas municipais ou a través da Sede Electrónica.
Como todos os anos, o Concello de Barbadás, súmase á conmemoración do 8M – Día Internacional das Mulleres, reafirmando o seu compromiso coa igualdade de xénero en todos os espazos da vida política e social local.
Dende o Concello de Barbadás asumimos a necesidade de avanzar cara unha representación paritaria de mulleres e homes nas corporacións locais e así o levamos á práctica na realidade do nosos concello. En xeral, na política local estanse a dar pasos importantes como é ter pasado nos últimos vinte anos de dezaoito a sesenta alcaldesas no ano 2023, o que supón o 22% dos concellos galegos. No caso das concelleiras, a presenza das mulleres ascende ao 40%. Estes avances non son suficientes e estas cifras teñen que seguir medrando xa que os datos reflicten que, aínda que se están dando importantes pasos nos liderados femininos, as mulleres seguen estando infrarrepresentadas nos espazos máis importantes de toma de decisións do eido local e, polo tanto, os espazos políticos en xeral seguen estando moi masculinizados.
Aínda que recoñecemos os avances, queda moita labor que desenvolver ata conseguir que a sociedade sexa un espazo onde a igualdade sexa unha realidade polo q é preciso abordar tanto as barreiras estruturais como as actitudes e percepcións que perpetúan a discriminación e garantir que todas as persoas accedan ás mesmas oportunidades.
O compromiso do Concello de Barbadás pasa pola promoción da participación das mulleres na vida política e social local, mediante accións de sensibilización, capacitación e fomento do liderado feminino e, por suposto, pola incorporación da perspectiva de xénero de forma transversal en todas as nosas políticas, garantindo que se tomen en conta as necesidades e a realidade específicas das mulleres e das nenas nas nosas accións, pola aplicación de medidas para garantir a igualdade salarial e de oportunidades no emprego promovendo a participación equitativa de mulleres en todos os niveis e sectores sociais.
Consideramos imprescindible seguir impulsando campañas de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero, e a través do CIM, como recurso específico do Concello de Barbadás para a promoción da igualdade e a loita fonte a violencia de xénero, continuar dando apoio integral ás mulleres vítimas e traballando na erradicación da violencia machista, xa que esta é a expresión máis miserable da desigualdade de xénero.
Dende o Concello de Barbadás amosamos o noso firme compromiso coa igualdade, a través do deseño, elaboración e apoio de todas as políticas públicas necesarias para mellorar a vida das mulleres do noso concello. Debemos seguir traballando na consolidación dos avances sociais en materia de igualdade tendo como horizonte unha sociedade máis feminista, xusta e igualitaria.
23 de febreiro de 2024 na Biblioteca Municipal de Barbadás
A Biblioteca Municipal de Barbadás, acolleu na tarde de onte, un acto de conmemoración con motivo do Día de Rosalía de Castro, para poñer en valor a vida e obra desta valente muller e escritora, figura fundamental da nosa lingua.
Primeiramente, Marga Pérez e Ana Peleteiro, concelleiras de Educación e Cultura respectivamente, deron lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
A continuación, nenos e nenas do Coro da Escola de Música, leron fragmentos da obra de Rosalía, para continuar coa entrega de agasallos aos grandes lectores e lectoras, da Biblioteca Municipal de Barbadás, do pasado ano.
• Noa e Alicia, de infantil
• Hugo e Uxía, de xuvenil
• e Antonio e Lourdes, na categoría de adultos.
Compoñentes do Club de Lectura “Café con Letras” da localidade de Bentraces, puxeron en común a súa experiencia: Comentan e intercambian opinións sobre unha mesma obra que len, á vez que comparten un café, organizan encontros cos autores ou mesmo fan saídas para coñecer os itinerarios relatados nos libros.
A nota musical, foi da man de José Antonio, á guitarra, e Noa ao violín, mestres da Escola de Música de Barbadás, que interpretaron marabillosamente, varios temas relacionados coa nosa terra e coa obra literaria da homenaxeada, Rosalía de Castro.
23 de febreiro, ás 19:00 h, na Biblioteca Municipal de Barbadás
Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, ás 19:00 h, celebraremos esta efeméride cunha serie de actos que terán lugar na Biblioteca Municipal:
▪️ Lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
▪️ Lectura pública da obra de Rosalía.
▪️ Música ao vivo.
▪️ Entrega de agasallos aos grandes lectores e lectoras da Biblioteca Municipal de Barbadás.
Achégate para lembrar a esta gran poeta e novelista galega, no día do seu aniversario.
O martes, 12 de febreiro, a partir das 16:00 h, na Solaina
O martes, 12 de febreiro, a partir das 16:00 h, dentro da programación do Entroido de Barbadás, celebraremos a festa infantil e concurso de disfraces infantil no parque da Solaina.
Haberá animación musical e desfile dos/das nenos/as que participen no concurso e posterior entrega de premios.
As inscricións para participar no Concurso de Disfraces, poderanse facer do 5 ao9 de febreiro, no Espazo Infantil (en horario de 16:00-20:00 h).
Inicio da actividade o 5 de febreiro. Inscricións ata o 1 de febreiro
A Concellería de Educación do Concello de Barbadás, organiza a actividade ESCOLA DE CICLISMO.
Obxectivos: Dirixido a nenos e nenas nados/as entre o ano 2020 e o 2012, a Escola de Ciclismo é unha actividade lúdica cuxos obxectivos son:
Aprender a andar en bicicleta dunha maneira segura.
Favorecer o desenvolvemento psicomotor, a coordinación e o equilibrio.
Coñecemento de nocións básicas de mecánica e uso da bicicleta.
Fomentar medios de mobilidade sostible.
Prazas ofertadas Para que se leve a cabo a actividade de Escola de Ciclismio, será preciso un número
mínimo de 10 nenos/as. O número máximo de nenos/as será de 25.
Horario e calendario A actividade comenzará o día 5 de febreiro e rematará o 21 de xuño.
As clases impartiranse os luns en horario de 16:30 a 17:30 horas.
Lugar de desenvolvemento A actividade desenvolverase no patio do CEIP Filomena Dato, colexio adscrito ao concello
de Barbadás, sito na Rua do Ensino nº 4 – A Valenzá.
Custo do servizo
O custo do servizo ten carácter de precio público, o seu importe é de 15€/mes.
Inscrición
Inscricións ata o 1 de febreiro de 2024:
De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás
https://barbadas.sedelectronica.gal
De forma presencial no rexistro ( Casa do Concello, Oficinas A Valenzá ).
En calquera dos rexistros establecidos na páxina web do Concello (www.barbadas.es).
Bases e formulacio de inscrición nos documentos que se achegan.
Celebraranse en distintos locais sociais do concello
Aberto o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Memoria, actividades de estimulación cognitiva coa finalidade de optimizar o funcionamento da memoria. Dirixidos a adultos.
Terán lugar nos locais sociais de
Loiro
Piñor
Sobrado
Bentraces
A Valenzá
Inscricións nas oficinas municipais de A Valenzá, área de Servizos Sociais, ou chamando ao teléfono 988393168.
Arrinca o Entroido en Barbadás cunha explosión de alegría!
Venres, 9 de febreiro, inicio do Entroido en Barbadás!
Prepárate para mergullarte na diversión e a festa porque o venres, 9 de febreiro, é o inicio oficial do Entroido en Barbadás!
Programa do Venres:
Ás 12:00 h: Desfile infantil dos centros escolares CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e Colexio Luis Vives, acompañados de integrantes do Centro Ocupacional As Burgas
Ás 20:00, comeza o Pregón do Entroido. Un emocionante discurso que marca o inicio da celebración!
Despois do Pregón: Goza dunha deliciosa Cea de Comadres nos acolledores establecementos hostaleiros da zona. A mellor maneira de recargar enerxía para a noite!
23:00 h en diante: A festa continúa coa Gran Festa de Comadres en compañía da Gramola Disco. Bailes, boa música e bo ambiente para gozar ata ben entrada a noite.
Lembra!! , o venres, 9 de febreiro, Barbadás transfórmase no epicentro da diversión carnavalesca. Así que, reúnete con amigos, vístete cos teus mellores disfraces e prepárate para unha noite chea de cor, diversión e alegría.
Participa e Concursa no Desfile de Entroido de Barbadás
Inscricións ata o día 12 de febreiro de 2024 antes das 12:00 h. da mañá.
O Concello de Barbadás, co obxecto de fomentar, conservar, promocionar e ensalzar o tradicional Entroido, organiza e convoca o concurso do desfile de Entroido 2024, que se celebrará o martes, 13 de febreiro.
Poderán participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos. Ler bases.
Categorías
Establécense as seguintes categorías:
Carrozas: mínimo 10 persoas (a maioría dos integrantes teñen que ir subidos na carroza durante todo o percorrido).
Comparsas: mínimo 10 persoas (que tamén pode ir acompañada de vehículo ou elemento artístico, que será valorado polo xurado).
Parellas/Tríos
Individuais
Premios
Establécense os seguintes premios por categorías:
Carrozas: 1º premio 1.000 €, 2º Premio 750 €, 3º Premio 550 €, 4º Premio 300 €.
Comparsas: 1º premio 1.000 €, 2º Premio 750 €, 3º Premio 550 €, 4º Premio 300 €.
Parellas/Tríos: 1º Premio 300 €, 2º Premio 150 €, 3º Premio 100 €.
Individuais: 1º Premio 200 €.
Axudas a asociacións
As asociacións que participen no Desfile do Martes de Entroido 2024 compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas, a data 31/12/2023, no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás, recibirán unha axuda de 300 €.
Vive o Entroido de Barbadás, participando no seu desfile!!
Prazo de inscrición ata o día 2 de febreiro de 2024 antes das 12:00 h. da mañá.
O Concello de Barbadás, organiza e convoca o concurso de Mecos de Entroido 2024.
Poderán participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos. Ler bases.
Forma e prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o 19 de enero (día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia) e ata o día 2 de febreiro de 2024 antes das 12:00 h. da mañá.
A inscrición realizarase a través deste formulario en liña
No formulario de inscrición, estará dispoñible un campo para achegar a foto do meco (unha única imaxe por inscrición que deberá realizarse nun punto xeográfico dentro do concello, onde o meco deberá estar exposto).
Votación popular telemática
Habilítase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 2 de febreiro ao 12 de febreiro de 2024 ambos incluídos.
Data limite presentación de propostas: 16 de xaneiro 2023 ás 14:00h.
A Concellería de Cultura organiza, un ano máis, o Concurso para elixir o Cartel anunciador do Entroido de Barbadás para o ano 2024.
Beneficiarios
Poderá participar no concurso toda persoa física ou xurídica, cun só traballo por participante ou colectivo sendo indispensable que as obras sexan orixinais, que non reproduzan obras ou imaxes que poidan dar lugar a plaxio.
Requisitos dos traballos
O formato único será vertical con tamaño 50×70 (non servirán formatos proporcionais).
Presentaran sobre un bastidor ríxido. Non existirán limites de tintas nin técnicas. A obra deberá ser presentada en sistemas informáticos, achegarán ademais da reprodución a cor que reúna os requisitos sinalados, e correspondente soporte magneto/óptico con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos xunto coas fontes utilizadas, e nos seu caso, os orixinais das imaxes utilizadas.
O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar en Pantone as cores utilizadas.
As obras levarán como único texto: Entroido Barbadás 2024. (Non poderán levar sinatura nin pseudónimos).
O tema será de libre elección e interpretación do/da autor/a, debendo reflexar o sentimento do entroido de Barbadás en todas as súas facetas.
Os traballos presentados terán como única identificación un lema, o incumprimento desta norma será motivo de descalificación.
O Concello Barbadás corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras e resérvase a facultade de incluír logotipos ou anagramas na composición definitiva do cartel.
As obras entregaranse no Concello de Barbadás, rúa Cimadevila nº1 32890 Barbadás ou nas oficinas municipais, rúa do Viso nº2, 32002 A Valenzá – Barbadás. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día.
O lema presentarase escrito no exterior dun sobre pechado. No interior do sobre xuntarase unha fotocopia do DNI do autor/a e información artístico (de estimalo oportuno), dirección actual e teléfono.
Ademais deberá achegar unha declaración xurada de atoparse ao corrente de pago coa Facenda estatal, autonómica e local así como coa Seguridade Social.
Os/as concursantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, e renuncian a calquera reclamación por dereitos de imaxe.
Ler detalle das bases no arquivo que se achega.
Premio
O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e unha dotación económica de 500 euros.
A maxia do Nadal aproxímase e con ela, unha visita especial que nos emocionará.
Papá Noel achegarase a Barbadás, o día 22 de decembro, nun percorrido cheo de alegría e sorrisos, levando consigo a maxia do Nadal e repartindo ilusión ao seu paso.
Ten a túa carta lista para entregar a Papá Noel e comparte os teus desexos do Nadal con el!
Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2023
Inscricións ata o 12 de decembro de 2023 antes das 14:00 h
O Concello de Barbadás convoca o Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais co obxectivo de fomentar a colaboración dos veciños, na ornamentación e embelecemento da vila durante a tempada de Nadal 2023-2024.
Inscrición
Poderán participar neste concurso tanto as persoas físicas como as xurídicas do Concello de Barbadás que teñan vivendas con balcóns, xanelas ou portais que poidan ser decorados.
Valorarase
-A creatividade.
-A orixinalidade.
-A combinación de elementos e cores,
-A iluminación e composición.
-Motivos empregados para decorar.
Os impresos para inscribirse poderán obterse , no Concello de Barbadas, na Oficina Municipal de A Valenzá ou a través da páxina web do Concello (www.barbadas.es).
Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica desde o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (03.12.2023) ata o 12 de decembro de 2023, antes das 14:00 h.
Os interesados deberán, na solicitude de inscrición, facer unha declaración responsable de que se atopan ao corrente de obrigas coa Axencia Estatal da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Axencia Tributaria Galega e o Concello de Barbadás.
Coa ficha de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto do balcón, xanela ou portal ó enderezo de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 12 de decembro de 2023 antes das 14:00 h, facendo constar no asunto do correo electrónico PARTICIPACIÓN CONCURSO DE BALCÓNS, XANELAS E PORTAIS así como o nome da persoa participante.
Votación telemática
Poderase votar, emitindo un voto por cada categoría (un voto por balcóns, un voto por xanelas e un voto por portais), dende 12 de decembro a partir das 16:00 h, ao 18 de decembro de 2023 (ata as 14:00 h) dende esta ligazón.
Premios
Establécense os seguintes premios:
1º premio ao mellor balcón de 200 €
1º premio a mellor xanela de 200 €
1º premio ao mellor portal de 200 €
Entrega de premios
O día 21 de decembro, publicarase o listado das persoas gañadoras.
O día 22 de decembro, entregaranse os diplomas as persoas gañadoras.
Inscricións ata o 12 de decembro de 2023 ás 14:00 h
O Concello de Barbadás convoca o Concurso de Escaparates e Decoración de Nadal co obxectivo de fomentar a colaboración cidadá na ornamentación e embelecemento da vila durante a tempada de Nadal 2023-2024, facendo partícipes ao tecido comercial e hostaleiro de Barbadás.
Participación
Poderán participar todos os establecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Barbadás, tanto sexan persoas físicas como xurídicas.
Valoración
O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.
No caso dos establecementos hostaleiros que non dispoñen de escaparate, terase en conta para que poidan participar a decoración interior, exterior e das terrazas.
Valorarase a creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.
Procedemento
Os impresos poderán obterse, no Concello de Barbadas, na Oficina Municipal de A Valenzá ou a través da páxina web do Concello (www.barbadas.es) Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica desde o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (03.12.2023) ata o 12 de decembro de 2023 ata as 14:00 h.
Os/as interesados/as deberán, na solicitude de inscrición, facer unha declaración
responsable de que se atopan ao corrente de obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesorería Xeral Seguridade Social, Axencia Tributaria Galega e o Concello de Barbadás.
Unha vez presentada a folla de inscripción será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto do escaparate ou decoración interior, no seu caso, a dirección de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 12 de decembro de 2023 antes das 14:00 h
Votación
Establécense dúas vías de valoración dos establecementos participantes: xurado e popular, cos seguintes premios:
Premios do xurado profesional:
1º premio escaparate de establecemento comercial de 300€.
2º premio escaparate de establecemento comercial de 200€.
1º premio escaparate de establecemento de hostalería de 300€.
2º premio escaparate de establecemento de hostalería de 200€. Premios da votación popular:
1º premio escaparate de establecemento comercial de 300€.
2º premio escaparate de establecemento comercial de 200€.
1º premio escaparate de establecemento de hostalería de 300€.
2º premio escaparate de establecemento de hostalería de 200€.
Votación popular
As persoas que desexen votar poderán facelo, dende o 12 (dende as 16:00 h) ata o 18 de decembro de 2023 ás 14:00 h, neste formulario.
Entrega de premios
O día 21 de decembro publicarase o listado dos establecementos gañadores e o 22 entregaranse os diplomas.
Para calquera cuestión ou dúbida ao respecto, contactar cos servizos administrativos da Concellería de Educación, sitos na Casa de Cultura Manuel María (Rúa San Bernabé, 37 -A Valenzá. Tfno. 988 24 68 85) .
Actividades infantís Samaín, para levar algún sustiño e divertirse!
26, 27, 30 e 31 de outubro
O misterio está no aire e as risas terroríficas a piques de comezar.
Con motivo do Samaín, no Espazo Infantil teremos:
Para socios/as do Espazo Infantil:
Unha serie de obradoiros, – de decoración terrorífica, de cocina temática, de decoración de cabazas- para deixar voar a imaxinación e a creatividade. As prazas son limitadas. Reserva en espazoinfantil@barbadas.gal.
Para todos os públicos:
Actividade “Truco e trato”, na que os establecementos comerciais que participan, convidarán a chuches, aos cativos e cativas que os visiten.
Ruta nocturna terrorífica, pola Valenzá Vella, con baile e invitación a bolo preñado, para os disfrazados.
Preparados para uns días de celebración do Samaín cheos de diversión e “sustos”?
Aviso Aula de Teatro: inicio e actualización de listados
Inicio das clases 11 de outubro
O inicio das clases de teatro será este mércores, día 11 de outubro, no horario que corresponda.
Grupo infantil: 17:00 – 18:00 horas.
Grupo xuvenil: 18:00 – 19:00 horas.
Grupo adulto: 19:00 – 20:00 horas.
Para calquera cuestión ou dúbida ao respecto, contactar cos servizos administrativos da Concellería de Cultura, sitos na Casa de Cultura Manuel María (Rúa San Bernabé, 37 -A Valenzá. Tfno. 988 24 68 85) .
Inscricións no 680344873 ou en aulamentor@barbadas.es
A AULA MENTOR do Concello de Barbadás, organiza para outubro e novembro deste ano 2023, obradoiros para axudarte no teu proceso de procura de emprego, para confeccionar ou actualizar o teu curriculum e para prepararte para as túas entrevistas de traballo.
As datas en que se levarán a cabo os obradoiros programados, serán:
Obradoiro PROCURADE EMPREGO: Xoves, 19 de outubro, ás 16:30h.
Obradoiro CURRICULUM VITAE: Xoves, 26 de outubro, ás 16:30 h
Obradoiro ENTREVISTA DE TRABALLO: Xoves, 9 de novembro, ás 16:30 h
As sesións desenvolveranse en
A TÚA AULA MENTOR AULA TECNOLÓXICA PARQUE DA SOLAINA A VALENZÁ – BARBADÁS
HORARIO de atención ao público de AULA MENTOR: De luns a venres 9:30 – 14:00 h e 16:00 – 19:00 h
Se estás a buscar emprego ou queres optar a outras ofertasdispoñibles no mercado laboral, non dubides en inscribirte no 680344873 ou enviando un correo a aulamentor@barbadas.es
Listados definitivos de admitidos/as nas actividades extraescolares
As clases comenzaran, segundo o día que corresponda, o 2 de outubro.
Para calquera cuestión ou dúbida ao respecto, contactar cos servizos administrativos da Concellería de Educación, sitos na Casa de Cultura Manuel María (Rúa San Bernabé, 37 -A Valenzá. Tfno. 988 24 68 85) .
Semana Europea da Mobilidade en Barbadás, programa de actividades
do 16 ao 22 de setembro
A Semana Europea da Mobilidade, da que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico é coordinador nacional, é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre os beneficios tanto para a saúde pública como para o medio ambiente asociados ao uso de modos de transporte máis sostibles, en particular, o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé.
Está iniciativa celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a mobilidade sostible e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes.
O tema elixido pola Comisión Europea para a campaña deste ano 2023 é “Eficiencia enerxética” e o lema para este e os próximos anos será “Combina e móvete!”
O concello de Barbadás, como cada ano, súmase a esta iniciativa e desde a súa concellería de Educación, organiza para a Semana Europea da Mobilidade, actividades para fomentar o uso do transporte público, a educación viaria, o coidado do medio ambiente….
Estas accións, que cobran un especial protagonismo pola celebración da Semana Europea da Mobilidade, véñense desenvolvendo no Concello de Barbadás durante todo o ano, con programas como o do “Ruta Catalina”, que promove a mobilidade casa-escola dos alumnos de primaria, con medios como a bicicleta, patíns ou andando, evitando o uso de vehículos de motor.
Descubre os sabores do Concello de Barbadás no VI Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados”!
Os días 15 e 16 de setembro nos 18 establecementos hostaleiros participantes
Os días 15 e 16 de setembro de 2023, teremos en Barbadás, o Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados”. Una cita que organiza a Concellería de Comercio e que este ano cumpre a súa 6ª edición.
Quen nos acompañe nestes días, terá a oportunidade de probar sorprendentes e saborosas propostas presentadas polos 18 establecementos hostaleiros participantes.
Ti decides o mellor petisco de Barbadás.
Proba e Vota: Visita polo menos catro dos establecementos participantes e goza dos seus petiscos. Logo, vota polos teus favoritos. A túa opinión conta!
Participa e Gaña: Se probas polo menos catro petiscos, entrarás automaticamente no sorteo de emocionantes premios. Cantas máis delicias probes, máis oportunidades terás de gañar!
Votación Profesional: Un xurado de expertos culinarios avaliará tamén cada petisco en busca de sabor, presentación e creatividade. Os chefs teñen a oportunidade de impresionar aos profesionais coas súas creacións únicas.
OBRADOIROS
A diversión culinaria non se detén no concurso de petiscos pois teremos máis actividades para todas as idades!
Catas de Aceite: Algunha vez preguntácheste como se avalía un aceite de oliva de calidade? Acompáñanos ao noso obradoiro de catas de aceite, onde descubrirás os matices e aromas dos mellores aceites da rexión. Unha viaxe de sabores que che deixará impresionado!
Obradoiror de Cociña Interxeracional: A cociña é un lugar de encontro, e neste taller, todos son benvidos. Pais e fillos, avós e netos, compartindo momentos lúdicos mentres aprenden xuntos técnicas culinarias! A cociña é o lugar perfecto para conectar a través da comida e as historias.
Estes obradoiros son completamente gratuítos e abertos ao público de todas as idades.
Non importa se es un entusiasta da cociña ou un principiante, hai algo para todos!
O noso obxectivo é crear momentos especiais que todos poidan gozar e lembrar.
Esperamos verte alí!
SOCIALIZAR, COMPARTIR, GOZAR
O VI Barbadás a bocados é unha oportunidade única para saborear a diversidade de sabores que ofrece Barbadás e apoiar ao comercio local.
Reúne aos teus amigos e familiares e ven a compartir con eles momentos de encontro e lecer, no VI Concurso “Barbadás a bocados”!!
Recoñecemento Nacional: o Concello de Barbadás galardoado co Premio María Moliner polo seu innovador labor na Biblioteca Municipal.
O galardón de 2.772 euros, será destinado integramente ao investimento en libros.
Un fito histórico foi alcanzado polo Concello de Barbadás, que foi distinguido co prestixioso Premio María Moliner polo seu destacado labor na Biblioteca Municipal. Este renomeado galardón, concedido polo Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias, resalta a excepcional contribución de Barbadás na promoción cultural e educativa.
O Premio María Moliner resérvase para poboacións de menos de 50.000 habitantes, sendo a primeira vez que Barbadás postulábase para este recoñecemento. O galardón, que inclúe unha suma de 2.772 euros, será destinado integramente ao investimento en libros, reafirmando o compromiso do Concello co acceso á lectura e o coñecemento.
O corazón deste logro é o proxecto innovador presentado pola Biblioteca Municipal de Barbadás, titulado “A tartaruga Catalina viaxa ao mundo dos libros”. Este programa abarca unha serie de actividades diversificadas, que inclúen talleres mensuais deseñados para distintas idades e grupos, a creación dunha caixa de benvida destinada aos máis pequenos, colaboracións enriquecedoras cos colexios locais e a instalación de casiñas de madeira pintadas polos nenos nas parroquias. Estas casiñas convertéronse en espazos onde os cidadáns poden depositar e recoller libros, fomentando así un intercambio comunitario de literatura. Ademais, contacontos ao aire libre convertéronse nun atractivo esencial deste proxecto, proporcionando un contacto directo coa narración.
Con motivo desta distinción, o subdelegado do goberno, Emilio González, quixo visitar a Biblioteca Municipal de Barbadás situada na Casa dá Cultura Manuel María. Durante a súa visita, reuniuse co alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a exconcelleira de Cultura e principal promotora do proxecto, Marga Pérez, e Ana Peleteiro, a nova edila da área. O subdelegado destacou a creatividade e o impacto positivo que esta iniciativa xerou na comunidade.
Este galardón non só honra os esforzos do Concello de Barbadás, senón que tamén inspira a outras localidades para seguir o seu exemplo na promoción da aprendizaxe e a cultura a través de iniciativas imaxinativas e colaborativas. A entrega oficial do premio levará a cabo nun evento próximo, consolidando aínda máis o estatus de Barbadás como un punto de innovación cultural e educativa en España.
Os medios de comunicación, provinciais, autonómicos e estatais, tamén quixeron recoller esta destacada noticia: