19/12/2022

Nadal en Barbadás

Cartel Asemblea Xeral

Sala Manuel María / Barbadás
Continuamos coa programación de Nadal e este xoves 22 de Decembro, ás 19h. actuación de SARABELA TEATRO co espectáculo “Asemblea Xeral”
Sinopse:
Os nenos e nenas protagonistas desta peza buscan un baúl que anos atrás agocharon os seus pais. Nel atoparán un auténtico tesouro: o libreto de “Asemblea Xeral” escrito por Lauro Olmo e Pilar Enciso. Xunto ao texto teatral, todo o necesario para a súa representación, aínda que algunhas páxinas están danadas polas formigas. Esas pequenas criaturas, que están por todas partes, ainda que poucos reparen nelas.
Unha enfermidade de causas descoñecidas espállase polo mundo e os animais 
da selva buscan un culpable para calmar a cólera celestial… Convencidos de que o sacrificio dun deles reestablecerá o equilibrio e devolverá a saúde a todos, planean un xuízo no que cada animal confesará as súas culpas. Pero, como confiar na xustiza impartida só polos poderosos, pensa a Gata?
De verdade que a solución a calquera conflito pasa por establecer unha fronteira entre bos e malos? Débiles e poderosos?
A peza escrita por Lauro Olmo e Pilar Enciso advirte a nenos e maiores sobre os perigos dos abusos do poder, cuestiona os mecanismos da xustiza e pon o acento na necesidade de educar para a paz, nos valores democráticos como garantía para unha convivencia feliz e respectuosa entre iguais. Nesta versión actualizada, achegamos o espírito desta obra aos máis nenos, colocándoos no centro da peza e ateigando cada liña, cada escena, de xogos, de música, de brincadeiras… para garantir a reflexión e a diversión a partes iguais.
TEMAS: A educación para a paz. O acoso. O pensamento crítico e os valores democrácticos.
Xénero: Teatro
Público: Familiar a partir dos 4 anos en adiante.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás
Patrocina: REAOU (Rede de Auditorios provincial de Ourense)

Cultura, Eventos

CONTENT.1714118410

SINGLE.1714118410