05/07/2022
TANITO e MÁXICO BRAIS co espectáculo “Circo Menudo…Menudo Circo”
7 de xullo ás 21:00 h no Parque dos Patos (A Valenzá)
BARBADÁS É CULTURA
O xoves 7 de xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá), actuación de TANITO e MÁXICO BRAIS, que nos presentan o espectáculo “Circo Menudo…Menudo Circo”
Sinopse:
Un circo chega a cidade pero o que prometía ser “A maior atracción do mundo” vese reducido ante a imposibilidade dos camións de chegar o lugar.
Nesta circunstancia atópanse un mago e un clown que vense na obriga de facer de todo porque o espectáculo ten que continuar.
Un espectáculo concibido para lembrar estampas do CIRCO que a maioría da xente coñece de sempre pero buscando a participación e implicación do público.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás