02/07/2018

Saaabor!

E no verán?...Refréscate coa cultura.

O food truck de SAAABOR! chega á Valenzá o vindeiro xoves.

 

Un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos e tamén máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música.

 

Unha hora de humor con Félix Rodríguez e Fran Rei nun espectáculo gastronómico onde teñen cabida tanto a música como a cociña en directo e que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca.

 

Lugar: Parque da Solaina

Data: Xoves, 5 de xullo

Hora: 21.00 h

Entrada: Libre

Cultura, Eventos

CONTENT.1714113063

SINGLE.1714113063