24/10/2022
Tarde de Samaín no Museo da Gaita de Fole
O Museo da Gaita de Fole acollerá este domingo 30 de outubro unha “Tarde de Samaín”.
Ás 16:30 h terá lugar un obradoiro de manualidades de Samaín
Ás 18:30 teremos o espectáculo de Brais das Hortas ” Contos para Caghar Patatillas”
Estas actividades son abertas a todos os nenos e nenas, sen límite de idade, e poderán vir disfrazados.
As prazas son limitadas por razóns de aforo.
O prazo de inscrición está aberto ata o venres 28 de outubro ás 14:00 horas.
Para inscribirse hai que chamar ao 988 360 413