25/11/2023

A mesa de coordinación fronte á violencia de xénero de Barbadás alerta de conductas machistas en escolares cada vez máis novos

Cunha periodicidade de 6 meses celébrase en Barbadás a mesa redonda de coordinación institucional fronte a violencia de xénero que tivo como escenario a Casa Consistorial onte á mañá. Neste encontro participaron o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a concelleira de Igualdade, Elisabeth González, representantes dos corpos de seguridade; traballadores do Centro de Información á Muller, representantes do centro de saúde e traballadores sociais do Concello.

Nesta mesa de coordinación fronte á violencia de xénero alertouse das conductas machistas que se están a detectar en escolares cada vez máis novos. Representantes de diferentes centros educativos denunciaron actitudes machistas en alumnos de entre 12 e 13 anos de idade e reivindicaron a concienciación social.

Ademais, no encontro presentáronse algunhas cifras que demostran a importancia de loitar contra a violencia de xénero. No Centro de Información á Muller de Barbadás atendéronse entre os meses de abril e novembro a un cento de mulleres. As consultas incrementáronse en máis dun 70% dende o 2019.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destacou o esforzo que se está a levar a cabo nos centros educativos para combater esta lacra social: “É esencial concienciar da necesidade de formar e informar ao alumnado. Parabéns polo voso traballo”. Tamén quixo alertar sobre o risco das novas tecnoloxías e da súa repercusión na mocidade.

O Concello de Barbadás estendeu a todo o mes de novembro a programación do 25-N. A loita contra esta lacra social comeza coa concienciación dos máis novos e por iso organizáronse obradoiros nos centros educativos baixo o lema “Semellantes e diferentes, con igual valor”. A iniciativa está dirixida ao alumnado de sexto de Primaria dos CEIP Filomena Dato, O Ruxidoiro e o Luis Vives e aos estudantes de primeiro curso da ESO do IES Ferro Couselo.

A Casa da Mocidade será o escenario no que durante o día de hoxe se ofreza un obradoiro de autodefensa para mulleres

Novas

CONTENT.1714342407

SINGLE.1714342407