07/03/2024

A poboación segue medrado en Barbadás, que deu a benvida aos 13 nenos e nenas de menos de 3 anos empadroados dende xaneiro

Barbadás rompeu o seu teito de poboación no 2023, acadando un total de 11.171 habitantes, a cifra máis alta dende que se rexistran no Instituto Nacional de Estatística. Este dato non sería unha realidade sen o esforzo do goberno local por implantar políticas sociais, de conciliación, deportivas e culturais. Os novos veciños e veciñas de menor idade son obxecto dunha benvida especial e así onte foron recibidos na Biblioteca Municipal os 13 nenos de 0 a 3 anos empadroados no concello dende o mes de xaneiro. A iniciativa repetirase cada dous meses.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Educación, Marga Pérez, recibiron aos cativos e cativas e entregáronlles unha caixa con agasallos de benvida que inclúe contos, entre outros agasallos, e a folla de inscrición como novo socio da biblioteca. Tamén explicaron ás familias que a iniciativa desenvólvese dende o ano pasado co obxectivo de fomentar o empadroamento en Barbadás e inculcar a paixón pola lectura entre os máis pequenos. O comercio local tamén colabora ofrecendo descontos especiais aos novos veciños e veciñas.

Preto de medio cento de caixas repartidas dende o 2023

“Os pés máis pequenos fan a pegada máis grande nos nosos corazóns. Benvido ao noso pequeno fogar”. Este é a mensaxe de benvida das caixas que o Concello de Barbadás entrega aos nenos e nenas empadroados de entre 0 e 3 anos. Dende o 2023 repartíronse case medio cento destas caixas coa que o Concello tamén fai unha aposta decidida para fomentar a lectura entre os máis novos e achegar a biblioteca a todos os fogares.

 

 

 

 

 

 

Novas

CONTENT.1728661135

SINGLE.1728661135