31/01/2024

A Policía Local de Barbadás activa un plan de vixilancia para evitar o roubo de plantas nos espazos públicos

O Concello de Barbadas denuncia que pese aos esforzos por embelecer os espazos públicos con diferentes especies de plantas, os actos vandálicos rexístranse con demasiada frecuencia. Os roubos son continuos nas xardineiras instaladas en diferentes puntos de municipio, rexistrándose os máis recentes na avenida de Celanova, onde desapareceron 5 ciclamen.

Para evitar que este tipo de incidentes se sigan rexistrando, e tendo en conta que nos últimos meses roubáronse ata 80 exemplares en diferentes puntos do concello, a Policía Local de Barbadás activa un plan co que se intensificará a vixilancia.

Ademais, o Concello empregará as súas redes sociais para informar aos veciños e veciñas dos danos que se están ocasionando co roubo das especies e para lembrar á cidadanía a importancia de coidar os espazos públicos, facendo un chamamento para frear os actos vandálicos.

A través das redes sociais municipais darase conta de cada subtracción co obxectivo de disuadir a aquelas persoas que levan a cabo este tipo de accións contra o patrimonio público e sensibilizar, ao mesmo tempo, sobre a importancia de coidar o que é de todos e todas.

 

 

 

 

Novas

CONTENT.1714333352

SINGLE.1714333352