11/12/2018
Acendido de Nadal en Barbadás

BARBADÁS ACENDE O NADAL ESTA TARDE CON MÚSICA, BAILE, UN PHOTOCALL CON PERSOAXES INFANTÍS E UNHA CHOCOLATADA
A partir das 18,30 a cita coa iluminación de Nadal será no cruce da avenida de Celanova e rúa do Viso
- O Concello de Barbadás mantén a tradición iniciada en 2015 de adornar a árbore de 10 metros que se atopa no centro da Valenzá.
- A iluminación de Nadal ten un custo aproximado de 10.000 euros, contía financiada pola Concellería de Servizos Públicos.
- O alumeado de Nadal inclúe a ornamentación de 75 árbores na avenida de Celanova para propiciar o ambiente navideño.
- Outros dos ornatos incluidos na iluminación navideña son o adorno doutra árbore preto do antigo centro de saúde, a instalación de 7 arcos grandes na avenida de Celanova, de 4 arcos medianos en rúas adxacentes: Areal, Rodríguez Punxín, Valenzá vella, etc.
- Tamén se coloca alumeado ornamental no polideportivo nas inmediacións da glorieta de acceso á rúa 17 de Maio, no Paseo dos Amieiros,
- Así mesmo, tamén se coloca iluminación na casa consistorial e nas oficinas municipais.
- As localidades do municipio tamén disporán de iluminación ambiental navideña.
- A concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, indica a importancia de manter iluminadas as rúas e pobos de todo o municipio para crear ambiente de Nadal.
- Destaca tamén “o esforzo económico realizado dende o Concello de Barbadás para diversificar a presencia de ornatos de Nadal nos diferentes lugares”.
- Morenza, ademais de resaltar a diversificación da ilumnación, afirma que o cambio é considerable nos últimos anos debido á iluminación de 2 grandes árbores, así como de preto de 100 árbores na avenida de Celanova”, así coma o incremento dos arcos no medio rural.
- A Concellería de Comercio colabora tamén na iluminación navideña a través da instalación de un trineo nun lugar céntrico da vila, preto da glorieta da familia.
- O custo do alumeado coa instalación de figuras en diferentes puntos da Valenzá ronda os 2.600 euros.
- A responsable da área de Comercio, Marga Pérez, comenta que a instalación de elementos luminosos : 2 renos e 2 árbores fabricadas en ratán blanco e iluminados con microlámparas de led en color blanco.
- Marga Pérez explica, que o obxectivo desta iluminación complentaria “é propiciar as compras no comercio de proximidade e crear un ambiente que tanto gusta aos pequenos/as da familia”
- A Concellería de Comercio é tamén a encargada de organizar o acto do “Acendido de Nadal”, que se celebrará a partir das 18,30 e no que haberá música, un photocall con persoaxes infantís e unha chocolatada.