24/02/2021

Barbadás acolle a exposición conmemorativa dos 100 anos da revista “Nós”

Son un total de 9 cubos e cada un trata dun tema.

A Xeración Nós en Barbadás

BARBADÁS ACOLLE A EXPOSICICIÓN  CONMEMORATIVA DOS 100 ANOS DA REVISTA “NÓS”, ORGANIZADA POLO DIARIO “LA REGIÓN”

A revista foi auspiciada por intelectuais ourensáns: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Losada Dieguez.

A exposición, presentada hoxe no salón de plenos da casa consistorial, permanecerá en Barbadás ata o día 16 de marzo na zona próxima á glorieta da familia

  • Maribel Outeiriño, comisaria da exposición, asegura no acto de presentación que “sobre a revista “Nós” pódense facer múltiples exposicións, xa que os contidos son extensos, intensos e dan para moito”.

 

  • A exposición conmemorativa da revista “Nós” está centrada na provincia de Ourense porque practicamente a revista está feita por ourensáns.

 

  • A primeira persoa en impulsar a revista foi Losada Díeguez, un ourensán de Boborás, pero quen lanzou a publicación e a súa “alma mater” foi Vicente Risco.

 

  • A exposición está composta por 9 cubos nos que se inclúen, debuxos, extractos de artigos, retazos de publicaciós e anacos de cartas.

 

  • Victoria Morenza, tenente alcaldesa de Barbadás, destacou una presentación da exposición o feito de que “foi a xeración Nós na provincia de Ourense o cerne do proxecto intelectual que se espallou polo resto de Galicia e ao mesmo tempo a revista supuxo un revulsivo da cultura e do Galeguismo”.

 

  • Para Morenza supón unha honra contar con este tipo de exposicións no concello de Barbadás polo que supón de achegar a cultura de un xeito accesible e visual á cidadanía.

 

  • Pepe Alfaro, director de publicidade de La Región, agradece ou concello e á corporación a oportunidade de mostar a obra non concello de Barbadás.

 

  • Os 15 primeiros números dá revista imprímense na imprenta de La Región, mentras que a redacción a tiñan na casa de Vicente Risco, na rúa Sto Domingo.

 

  • A publicidade corría a cargo dos comerciantes dunha cidade, Ourense que nos anos 20 tiña17.500 habitantes.

 

  • Esta exposición ven pensada para presentarse na rúa, xa que os textos son curtos, a imaxe procura ser atractiva. Son un total de 9 cubos e cada un trata dun tema.

 

  • Un dos cubos trata de cómo eran estas persoaxes, tremendamente atractivos dende a óptica intelectual, moi cultos, cun nivel social e cultural alto, todo homes, abertos ao mundo, comenta Maribel Outeiriño.

 

  • Existen dous manifestos importantes que se publicaron na revista: un de Vicente Risco que se titulou “Nós, os inadaptados”, onde describe como son. E outro de Cuevillas , titulado “Dos Nosos Tempos” onde explica como se sitúan no tempo que lles toca vivir, os anos 20.

 

  • Outeiriño indica que son autodidactas e intelectuais moi maduros “que crean a revista para estar en contyacto co mundo intelectual da época do resto de España, de Portugal e de Francia.

 

  • Fala Outeiriño de un Vicente Risco como un verdadeiro dandi, que redactaba crónicas de sociedade nun xornal que se chamaba “O Miño”, e pasaba boa parte  do seu tempo libre nos cafés da época coa xuventude. Don Ramón Otero Pedrayo era mais caseiro, case sempre no seu pazo.

 

  • Outro cubo denomínase “ Os desacougos de Don Vicente”. Fálanos dun libro que editou a Deputación de Ourense nos anos 80, onde tratan as recopilacións de correspondencia entre Risco e Losada Diéguez durante aqueles anos na que se falaba da necesidade de apoio económico para a revista e de unha maior implicación dos comercios e empresas en publicidade.

 

  • Don Ramón, nun momento determinado, non colabora e mesmo ameaza con deixalo, aínda que a pesar deses atrancos continúa colaborando coa revista.
    Fala dos contidos da revista, grandes traballos de arqueoloxía galega de Cuevillas, grandes traballos de xeografía de Ramón Otero Pedrayo, artigos de D.Vicente cando fai a súa viaxe a Alemaña, ectc.

 

  • Outro cubo dedícase á “ Publicidade” , que ata 35 comerciantes ourensáns, se anunciában nos primeiros 15 números, ben sexa por amistade ben pola súa implicación co galeguismo.

 

  • Pero cando a revista se pasa a imprimir en Pontevedra primeiro e A Coruña despois, a publicidade ourensá desaparece, quedando só un comerciante que se chamaba Perille, propietario dunha ferraxería , un dous donos do Hotel Miño, e coleccionista de arte moi importante que ata fixo un proxecto para explotar a auga dás Burgas, que se manten ata o final.

 

  • De feito no último número da revista Nós, sóamente había dúas publicidades, unha deste home e outra do Banco de Vigo.

 

  • A Deputación fixo unha reedición dun traballo moi importante da cadeirádega Maria Vitoria Carvalho Calero sobre o deseño gráfico dá revista Nós, onde insiste que era unha revista moi coidada. Antes, o deseño estaba o cargo de ademáis de Castelao, Fernandez Mazas , Méndez e Prada (pintores modernistas) e os 3 ourensás.

 

  • Outro cubo está dedicado á relación que tiña este grupo de pintores con La Región, xa que era moi intensa, ata tal punto que os 3 escribiron moitísimas crónicas de Ourense no diario local que logo convertiríanse en libros.

 

  • A exposición comeza coa primeira portada dá revista e remata coa segunda que son totalmente diferentes.

 

  • Maribel Outeiriño insiste na adicación de Don Vicente Risco con La Región: “facía críticas de libros, crónicas relixiosas, e tamén facía unha sección fixa que se chamaba “ Cousas”, onde redactaba noticias de libros que se publicaban, actos culturais polo mundo, murmuracións de escritores, etc.

 

  • Outro cubo consta dun artigo moi entrañable que escribe cando chega o primeiro teletipo o xornal.

 

  • A Exposición remata cando se cumprense os primeiros 50 anos da revista.

 

  • A Real Academia Galega publica un novo número no que os intelectuais galegos “vivos” nese momento contan o que supuxo para eles e para a cultura galega a revista, onde falan a importancia da mesma, xa que elevou o noso Galego a categoría dun idioma científico,” posto que ata entón era considerado un idioma mágnifico para a literatura e poesía, pero ao escribir este grupo de intelectuais  de xeografía, xeoloxía, arqueoloxía,  dábanlle unha categoría que para moitos foi un gran papel da revista e da xeración”, apunta Maribel Outeiriño.

Novas

CONTENT.1714183950

SINGLE.1714183950