07/05/2019

Barbadás acolle o autobús para espertar o enxeño, a destreza e a creatividade de nenos e nenas

BARBADÁS ACOLLE OS DÍAS 8, 9 E 10 DE MAIO O AUTOBÚS EDUCATIVO PARA NENOS E NENAS MAIORES DE 7 ANOS ONDE SE PRACTICA A ARTE DE PENSAR COAS MANS

O Paseo do Amieiros será o lugar no que estará estacionado o autobús “EduCaixa”

  • “Creactivity” é un espazo-obradoiro para nenos e nenas a a partir de 7 anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espíritu emprendedor, a cooperación e a reflexión.

 

  • Os días 8, 9 e 10 de maio o autobús EduCaixa esará ubicado no Paseo dos Amieiros para acoller pola mañá obradoiros escolares, no que participará o alumnado dos centros educativos.

 

  • Pola tarde este autobús educativo estará disponible para nenos e nenas que o desexen entre as 16,00 horas e as 18,30 horas.

 

  • Este espazo interactivo pretende fomentar o deseño e a creatividade entre escolares.

 

  • A iniciativa ten por obxectivo “espertar o enxeño, a destreza e a creatividade de nenos e nenas”, explica a concelleira de Educación, Marga Pérez.

 

  • O Concello de Barbadás colabora con esta actividade enmarcada na Obra Social de “la Caixa”.

 

  • Creactivity toma forma dentro de un autobús que se converte nunha unidade móbil adaptada para facilitar o acceso e a participación de persoas con mobilidade reducida.

 

  • O vehículo está equipado por dentro con bancos, mesas de traballo e diversas probas dispostas para os participantes neste espazo.

 

  • A edil de Educación, Marga Pérez, comenta que “o espazo dispón de diferentes áreas para poñer en práctica distintas habilidades: a zona da Mecánica, con espazos de engrenaxes, mecanismo, bolas e máquinas de pinball.

 

  • Tamén existe a “Zona do vento”, con tubos de vento, a “Zona da electricidade” e a “Zona da luz”.

 

  • O espazo permite investigar cos materiais, planificar, crear novos deseños, usar materiais común e buscarlles novas función.

 

  • Tamén se traballa en hábitos de aprendizaxe cooperativa, autocoñecemento para a aprendizaxe e a creación e realización de proxectos.

 

  • Os obradoiros están dirixidos a grupos de estudantes de entre 6 e 16 anos.

 

  • Un facilitador guía aos/ás nenos/as a través de un proceso de creación ao que os adultos acompañantes, mestres ou familiares, tamén están convidados/as.

 

  • As sesións teñen unha duración estimada de 90 minutos.

 

  • EduCaixa é o programa que abrangue toda a oferta eduactiva da Obra Social de “la Caixa”.

 

  • A finalidade deste proxecto é promover e impulsar a transformación da educación e responder así ás necesidades da sociedade do século XXI.

BARBADÁS – Creactivity – Obra Social la Caixa (2)

 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1714165178

SINGLE.1714165178