15/10/2023

Barbadás conmemora o Día da Concienciación da Parada Cardíaca cun amplo programa que inclúe a divulgación entre os escolares

Celebración en Barbadás do Día Mundial da RCP 2023

Os nenos e nenas de Barbadás aprenderán a salvar vidas. O Concello conmemora o Día da Concienciación da Parada Cardíaca cun programa de actividades no que se inclúe un taller de divulgación das técnicas de reanimación cardiopulmonar para escolares e profesorado. Será mañá no CEIP O Ruxidoiro e no CEIP Filomena Dato. Para a mesma xornada organizouse, ás 17.00 horas na carpa de emerxencias de Protección Civil, unha actividade de adestramento e concienciación nas técnicas de soporte vital.

O mércores 18 de outubro está previsto un taller práctico de soporte vital básico para nenos, nenas e bebés. Diríxese a familias da Escola Infantil Municipal. A iniciativa dará comezo ás 19.00 horas e instruirase aos asistentes sobre a desobstrución da vía aérea, a activación do sistema de emerxencias e a reanimación cardiopulmonar en nenos e lactantes menores dun ano.

Co lema “As túas mans salvan vidas”, o Concello de Barbadás organizou un amplo programa de concienciación sobre a parada cardíaca con actividades formativas para que a poboación poida enfrontarse ás situacións de emerxencia.

 

Novas

CONTENT.1733912476

SINGLE.1733912476