05/11/2023

Barbadás promove unha cadea solidaria de recollida de xoguetes para levar a ilusión do Nadal a todos os fogares do concello

Que a ilusión inunde os fogares de todos os nenos e nenas de Barbadás neste Nadal. Este é o obxectivo do Concello que, a través da concellería de Servizos Sociais que dirixe Elisabet González, promove unha campaña de recollida de xoguetes. Grazas á iniciativa, os máis pequenos poderán gozar de xogos e libros que xa foron doutros cativos e que poden seguir contaxiando o espírito destas datas.

Tal e como explicou González, a iniciativa pretende que os pequenos e pequenas de familias vulnerables non se queden sen xoguetes nas noites máis especiais do ano. Tamén insistiu en que a campaña “axudará a transmitir valores como a xenerosidade ou a gratitude e a empatía”.

Nesta cadea solidaria será imprescindible que os xoguetes doados se atopen en bo estado e quedarán excluídos aqueles de carácter bélico. Os interesados en colaborar nesta campaña poderán realizar as súas doazóns do 6 ao 20 de novembro no polideportivo da Valenzá, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Os martes 7 e 14 de novembro poderán entregarse no Banco Solidario, emprazado na Rúa do Ensino, en horario de 16.00 a 18.00 horas.

Todos os xoguetes doados serán clasificados por idades e serán envoltos polos voluntarios e voluntarias do Banco Solidario do Concello de Barbadás.

 

Novas

CONTENT.1733943297

SINGLE.1733943297