11/10/2018

Biblioteca da Casa da Cultura Manuel María

III Día das Escritoras

A Biblioteca Pública de Barbadás únese á iniciativa da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Asociación Clásicas e Modernas (CyM) e a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) coa celebración da terceira edición do Día das Escritoras baixo o lema Rebeldes e transgresoras.

 

Escritoras como María de Zayas, Juana Manso, Rosalía de Castro, Rosario de Acuña, Filomena Dato Muruais, Carmen de Burgos, Delmira Agustini, Vitoria Ocampo, Aurora Bertrana, Magda Donato, Sorne Unzueta Lanzeta (Utarsus), Ángela Figueira Aymerich, María Zambrano, Idea Vilariño, Ana María Matute, Carmen Martín Gaite, Josefina Aldecoa, Alejandra Pizarnik, Esther Tusquets, María-Mercé Marcal e Teresa de Jesús son as homenaxeadas.

 

Participa no noso pequeno agasallo a todas estas mulleres e outras moitas, visibilizando o seu legado participando na instalación artística situada na sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María. É moi sinxelo, pensa nunha escritora e selecciona algunha das súas frases entre os seus textos. Podes escoller entre as dispoñibles na nosa biblioteca ou facer unha cartela nova. Só queda incorporala á instalación e capturar ese momento de lectura.

 

Poder subir ditas imaxes á rede co hanstang #BibliotecaBarbadásCoasEscritoras ou a realización dunha videomontaxe para incorporar á instalación, son algunhas das propostas para conmemorar esta cita pendente coas nosas Escritoras Rebeldes e Transgresoras.

 

O resultado final poderá gozarse o 24 de outubro, Día da Biblioteca, xunto con outras actividades conmemorativas. Non chas podes perder!

 

 

Lugar:                   Sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María

Data:                     Do 15 ao 24 de outubro

Horario:               Das 10 ás 13 h e das 16 ás 20 h

Cultura, Novas

CONTENT.1714105750

SINGLE.1714105750