16/12/2021
Campaña con fin solidario e para impulsar o comercio local
Venda de rifas nos establecementos colaboradores
A INSTALACIÓN DE UN “CONTAINER” SOLIDARIO PROMOCIONA O COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS E CONTRIBÚE Á CAUSA BENÉFICA PARA ÁNGEL PÉREZ
Tres cadaleitos repletos de agasallos e produtos, valorados en 2.000 e cada un deles, serán sorteados entre as persoas que merquen nos establecementos comerciais e de hostalaría que participan.
27 establecementos participan nesta iniciativa na que colabora o Concello de Barbadás
- Alejandra Rodríguez, portavoz de comerciantes e hostaleiros/as participantes nesta iniciativa explica que “ten un fin solidario porque vemos a necesidade de axudar a Ángel Pérez e para que a xente se decate de que o comercio local está esmorecendo”.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, convidou á veciñanza “a participar nunha iniciativa que, ademais de ter un fin solidario, aposta polo comercio local. O Concello de Barbadás quere participar activamente para apoiar a Ángel Pérez e ao comercio de proximidade”.
- “Os establecementos que participan na iniciativa venderán rifas por valor de 5 euros”, sinala Valcárcel e “cada cadaleito será entregado ao/á posuidor/a do boleto con número gañador do primeiro, segundo ou terceiro premio do sorteo da lotaría de Reis”.
- Os 3 cadaleitos que se sortean están compostos por unha ampla gama de produtos doados polas firmas comerciais e hostaleiras do concello de Barbadás e tamén por outras empresas que solidariamente se sumaron á causa benéfica.
- Marga Pérez, concelleira de Comercio, destaca que “este container representa o esforzo dos/as comerciantes e hostaleiros/as de Barbadás que levan semanas traballando para acadar o maior número de agasallos e produtos posibles para facer un sorteo benéfico porque a recadación entregarase a Ángel Pérez, un veciño de Barbadás que desgraciadamente sufriu un accidente o verán pasado e necesita un tratamento médico e vaise custear coa recadación da venda das rifas”.
“Este container representa ademais o espírito de Nadal, que é axudar en momentos difíciles polo que atravesan as persoas”. Animou a participar neste sorteo solidario e que visiten o noso comercio local, que é onde se venden as rifas para este evento.
- Arturo Varela, comerciante impulsor de unha iniciativa similar levada a cabo o ano pasado, agradeceu “a participación nesta iniciativa de comerciantes e hostaleiros/as que participan aportando produtos para o container e queremos estender o agradecemento a empresas que tamén fixeron a súa aportación como poden ser Blanco Quintas, Mobles Gosende, Coren, Aceites Abril e moitas máis”.
- Establecementos colaboradores do Concello de Barbadás:
- Twins men,
- Twins,
- Elma,
- Tofee Glass,
- Micocadas,
- Librería Espa,
- Casa César,
- Alumbre,
- Carussa Baby,
- Librería Valenzá,
- Gaia contigo,
- Restaurante O Muiñeiro,
- Clínica dental Valenzá,
- Idunna,
- Perruquería e estética masculina VM,
- Cafetería Vely,
- Spar Express,
- Bel,
- La Cigüeña,
- Utile muebles,
- Oren Óptica,
- Calzados Zocos,
- A Cova do Savio,
- Mimi flores,
- Más que un sueño,
- Lavaxá
- e Funeraria Ourense.
- No acto de presentación estiveron en representación dos comerciantes, Alejandra Rodríguez e Bea Mosquera, de Carussa Baby; Lourdes Díaz, de Librería A Valenzá; Paqui Bouza, de La Cigüeña; Elisa Ucha, de calzados Zocos; Arturo Varela, de Funeraria Ourense.
- Se o desexas, tamén podes participar na causa solidaria de apoio a Ángel Pérez en https://www.gofundme.com/f/ayuda-a-ngel-a-su-recuperacin