13/01/2023

Campaña de empadroamento de Barbadás

"Súmate a nós"

BARBADÁS ANIMA Á VECIÑANZA A EMPADROARSE E  BENEFICIARSE DAS VANTAXES QUE OFRECE O MUNICIPIO

  • O Concello de Barbadás segue a realizar accións adicadas a fomentar o empadroamento no municipio dentro da campaña “Súmate a nós”, que se iniciou o pasado verán.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, indicou que “ao longo de este mes de xaneiro vaise levar a cabo a difusión de 6 vídeos curtos nas redes sociais e na páxina web, para que as persoas que residen no municipio pero non están empadroadas poidan coñecer os recursos e as vantaxes que ofrece empadroarse en Barbadás”.

 

  • Segundo Valcárcel “estas vantaxes están relatadas nos vídeos en primeira persoa por residentes que contan a súa experiencia no uso dos servizos e participación nas actividades que se ofrecen desde o Concello”.

 

  • A tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, destacou que “as vantaxes de estar empadroados en Barbadás son, entre outras, axudas, descontos, prioridade en actividades, bonificacións no transporte, redución de impostos, tanto nos servizos do Polideportivo coma na Escola de música, Escola infantil, CET, Casa da Cultura, CIM, Casa da Mocidade e tamén noutros servizos xerais”.

 

  • Dende o Concello de Barbadás lémbrase que “empadroarse é un trámite sinxelo que se pode realizar na sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de Rexistro e que supón tanto un beneficio individual coma económico para o municipio”.

 

  • Con esta iniciativa “ o Concello busca aumentar os ingresos e recursos do Estado e da Comunidade Autónoma para melloralas infraestruturas e servizos e atender así con máis eficacia as demandas e necesidades da poboación”, explicou o alcalde de Barbadás.


Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1714109954

SINGLE.1714109954