21/01/2021

Carmen Martín Gaite trocou Piñor en ficción e memoria

Emprendemento en Barbadás

Carmen Martín Gaite

Carmen Martín Gaite

  • Escribiu e viviu arredor de San Lourenzo de Piñor, onde fixo da literatura “no so ficción, senón memoria” e  así pode comprobarse nos seus libros, conferencias, artigos e contos, cos que formou parte da “Xeración do Medio Século”, a dos anos  50, e nos que puxo o seu “paraíso” en Barbadás no eido da literatura, tal como conta ela e os que a estudaron.

 

  • Coñezas ou non algunha obra desta escritora (Salamanca en 1925 – Madrid en 2000), gustarache saber que era “Carmiña” tanto nos veráns que pasou en San Lourenzo de Piñor como o resto do ano nas casas da familia en Salamanca primeiro, e despois en Madrid.

 

  • A súa nai foi a ourensá María Gaite casada en Salamanca con José Martín (de Valladolid e notario en Salamanca e Madrid). Os avós maternos, de Allariz, tiña unha finca en Piñor e nela construíron unha casa na que a familia pasaba catro meses ó ano (de xullo a setembro) despois dunha “longa viaxe en tren con parada en Astorga, cargados de maletas”.

 

  • E dende onde estea, tentamos que nos conte a súa vida en Piñor, a “patria” da súa infancia. A catro quilómetros da cidade de Ourense, na que varios dos seus devanceiros foron intelectuais e creativos nos anos de cambio entre os séculos XIX e XX.

 

  • Nin Carmen nin a súa irmá Ana María, foron o colexio de pequenas porque o pai non quería levalas a colexios relixiosos en Salamanca, así que tiñan profesores particulares para asistir a clases en casa, tamén co seu pai. Os veráns de Piñor até os anos 50, foron o seu tempo de “fantasías” e as paisaxes e persoas que coñeceu, atópanse en case tódolos seus escritos.

 

Piñor na literatura

  • “La verdaderas ataduras son las que uno escoge, las que se busca, pudiendo no tenerlas”, e así resume os sete relatos do libro “Las ataduras” publicado en 1959, protagonizado por Alina, de 10 anos, e a relación co seu pai. Os espazos desta obra son paisaxes de Piñor, reais ou imaxinados: As Pipileiras, Ousande…

 

  • En Alina, como en Carmiña, chocaban o seu desexo de liberdade e o de non decepcionar á familia. A mesma contradición que ela puido vivir cun pai “abnegado e tenaz” e unha nai que lle aprendeu a fantasear e a coser.

 

  • “Parecía que no me estaba enseñando nada”, lembra Carmiña, pero a nai ensoñábase cando cosía a carón da xanela da sala, no solpor. “De tanto mirar, aprendí a fugarme yo también”, lembra.

 

  • Nos veráns dos anos 50, moceaba con Rafael Sánchez Ferlosio, e recibía en Piñor mensaxes que lle escribía durante a “mili” en Marrocos, a través do poeta ourensán Víctor Campio.

 

 

  • Carmiña non coñeceu ós avós maternos, de Allariz, pero en 1957 levou o premio Nadal ca novela “Entre visillos” asinada co nome da súa avoa Sofía Veloso. Ese ano morreu a súa filla.

 

  • Dezaseis anos despois a segunda novela “Retahílas” transcorre no pazo de Louredo (nome literario para o pazo de Piñor) no que entreteceu, de xeito novidoso, dous longos monólogos, encadeados como extensos rosarios na conversa de dúas persoas.  Eulalia e Germán (tía e sobriño), xúntanse no pazo para cumprir os últimos desexos da matriarca da familia. Alí pasan horas falando de todo, tamén da cercana pedra do “Tangaraño” e a súa cerimonia sanadora.

 

  • “Es una de mis novelas favoritas pues plantea una nueva forma de diálogo entre sexos, rompiendo estereotipos de lo femenino y lo masculino, con claras referencias a espacios y vivencias de mi familia en Piñor y a la Guerra Civil”, segundo relatou Carmiña a unha amiga.

 

  • O derradeiro verán familiar en Piñor foi nos anos 60, a casa foi vendida cando os pais de Carmiña e Ana María decidiron vivir en El Boalo (Madrid) todo o ano. Pero Piñor seguiu en Martín Gaite.

 

 

Cousa de familia

  • E así o descubriu David González Couso , que leu con outros ollos as obras de Martín Gaite e atopou vivencias galegas da autora en todas elas. En “Caperucita en Manhatan”(1990) , “La Reina de las Nieves” arredor dun pobo mariñeiro que coñeceu na Coruña no ano 1971 e tamén en traballos académicos como “Ocho siglos de poesía gallega” publicado en 1972 e resultado de un intento previo de tese doutoral sobre os cancioneiros galaico-portugueses.

 

  • En “El cuarto de atrás” hai un aparador evocador. “Era un mueble grande que estuvo muchos años en la casa de mis padres en Salamanca. Era de madera de castaño y lo había comprado mi abuelo Javier Gaite por 300 pesetas. Eso me contó mi madre y así conocí a mi abuelo, profesor de Geografía que rodó por varias provincias llevando de acá para allá el aparador que conoció muchas ciudades y muchas casas”.

 

  • O avó Javier Gaite foi catedrático de Xeografía no instituto Otero Pedrayo de Ourense, o seu tío avó Antonio Gaite, promotor dunha pila voltaica para alumear toda a cidade que non triunfou, cofundador do Ateneo de Ourense e editor do xornal El Orensano, o tamén catedrático de Xeografía, Xoaquín Gaite (tío materno) amigo en Salamanca de Miguel de Unamuno, fusilado en agosto de 1936.
Carmen Martín Gaite-Foto Amado Perille
Foto Amado Perille
Casa de Carmen Martín Gaite
Foto de Rosa Veiga 20.01.2021

…………………………………………………………………………………………………………………………………..

Esta “entrevista” de ficción foi posible con textos, relatos e referencias que se poden atopar, varios deles, nos enlaces compartidos neste texto.

O retrato de Carmiña e do ano 2000, no que morreu, e procede do arquivo da Biblioteca dixital de Castilla y León .

A imaxe de Ousande é de Amado Perille, portada do libro “Os perfís galegos de Carmen Marín Gaite” de David González Couso, cedida por el.

A foto da que foi casa Gaite é actual.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1714117224

SINGLE.1714117224